venres, 15 de setembro de 2017

NOVA PROPOSTA DE VACACIÓNS



  • A cafetería a punto de pechar definitivamente
  • Presentan a programación sen explicacións
  • Coordinadores a perpetuidade


Dende Recursos Humanos puxeron sobre a mesa novidades sobre a petición de vacacións. Como que aceptan que se poida pedir só unha opción con tres períodos. Que en Informativos non aceptarán que se pidan vacacións dende o 23 de decembro ao 7 de xaneiro, pero permitirán coller dous días de libranza que se poden pegar aos festivos que non se traballen e seguen mantendo o criterio que non se concederán días soltos. Como xa dixeron os período de petición de vacacións abrirase en xaneiro e durará ata abril e asumiron que as persoas que non fagan a súa solicitude nestas datas a empresa adxudicaralle as vacacións. Estudarán a posibilidade de que o programa informático recolla o dereito dos traballadores que cumpran anos de antigüidade que xeren dereito a máis días de vacacións se contemple na aplicación, unha aplicación, por outra banda, que só estará operativa o ano que ven porque está previsto cambiala e mellorala. A parte social quedou de valorar estas propostas para dar unha resposta á empresa.
En canto a cafetería acabou o prazo para a presentación de solicitudes e só se presentou a actual concesionaria. Rematado o prazo de concurso agora estamos nun prazo de procedemento aberto no que se modifican de xeito limitado as condicións do prego, unhas condicións que a empresa non vai acepta, porque suporía un incremento de máis do 100% da axuda ao custo que outorga a CRTVG a concesionaria que actualmente é de 42,000 euros.
No referente a programación, non fixeron máis que presentar unha documentación sen máis explicacións, xa que a presentou o departamento de RRHH. Dende a parte social fíxolles saber que necesitábamos uns interlocutores válidos para explicar polo miúdo, que vai facer que. Tamén que se pediu que se facilitara a información dos contidos web que xera a Compañía. Quedamos pendentes dunha nova convocatoria.









Tamén se pediu información sobre o traballo que desempeñan antigos coordinadores cesados, que como Xosé Manuel Maseda, Rosa Martínez, Javier Valderrama e Fernando Rodriguez Madriñán. Dende RRHH din que regresaron as prazas da súa categoría, malia que están pendentes de uns nomeamentos que están se aprobar. Polo que vimos que pasarán a ser coordinadores falta sabe de que, unha especie de condena que algunhas persoas vese teñen a perpetuidade. Polo visto o importante é coordinar, o de menos é o que.