mércores, 20 de setembro de 2017

ASAMBLEA FRONTE A MAQUINARIA ASOBALLADORA DA DIRECIÓN



  • Dixitalización, creación de novas categoría “de facto”.
  • Clasificación profesional unha realidade incómoda.
  • Cadro de persoal ou a escusa dos indefinidos.
  • A semana que ven nova asemblea para ver as accións a tomar.


Na asemblea celebrada hoxe achegouse a información que nesta semana nos foi propoñendo a empresa. Por unha banda detectamos que aproveitando da dixitalización dende a dirección queren aproveitar para reconvertir as funcións de traballadoras e traballadores. Empregando como ferramenta a formación para a nova tecnoloxía pretenden crear empregados e empregadas de primeira e segunda unha situación que non vai consentir a parte social. A formación terá que ser igual para todos os traballadoras e traballadores da mesma categoría. A empresa xa actuou de xeito unilateral colgou na intranet as quendas para a formación e enviou os correos aos aspirantes nas listaxes advertindo de que non comparecer a formación quedarán en suspenso, estes dous puntos en contra da representación sindical. Expúxose a intención do Comité de denunciar esta situación pola vulneración dos artigos 87 e 88,1 do convenio colectivo.
No tocante a clasificación profesional abordouse a pretensión da empresa de crear dúas novas categorías: a do grupo soporte e operador de media. Unha pretensión da empresa da que dende a parte sindical está en contra porque entende que hai que renegociar unha unha clasificación que defina categorías nas e novas funcións xa que as existentes agora mesmo están obsoletas e moito máis obsoletas quedarán despois da dixitalización.
Tamén se falou da proposta de cadro de persoal que fixo a empresa ao ampara de dar cabida as sentenzas de indefinidos. Unhas sentenzas as que a parte social non se opón que se creen pero si se opón a que os postos de traballo os distribúa RRHH segundo lle pete que é o que pretenden. Dende a parte social quere que se cree cada praza segundo cada sentenza e no centro de trabalo ao que fai referencia.
Durante a asemblea por parte de distintos traballadores presentáronse distintas problemáticas como que os traballadores e traballadoras da Radio Galega non terán a mesma formación na dixitalización aínda que coa entrada en vigor da Corporación están amparados polos mesmos dereitos e obrigas.
Moitas contradicións e problemas como o dos compañeiros dos departamentos técnicos que aseguraron que están desbordados polos procesos de dixitalización, outro como que os realizadores teñen menos horas de formación que os axudantes de realización ou que técnicos electrónicos teñen máis da metade de horas de formación sobre contidos dos que xa están formados.

Dende a parte sindical tomouse nota para plantexar estes asuntos nas mesas dos comités con RRHH e convocar unha nova asemblea a semana que ven e ver que contestación por parte dos traballares se poden tomar.