luns, 11 de setembro de 2017

COMEZAN OS CHAMAMENTOS PARA A FORMACIÓN NAS LISTAXES DE CONTRATACIÓN




A empresa informou que vai comezar de xeito inminente os chamamentos nas listaxes de contratación para a formación no proceso da conversión dixital. Nesta primeira fase serán 25 redactores e 15 reporteiros gráficos con 23 horas de formación por categoría e tamén 15 axudantes de realización que terán 49 horas de formación. Os horarios serán en xornadas intensivas de sábado e domingo. No caso dos reporteiros serán do outubro a novembro e no caso de redactores e axudantes de outubro a xaneiro. Dende a empresa aseguran que son os
A parte sindical rexeitou de xeito unánime a pretensión da empresa de suspender de xeito temporal a aquelas persoas que non realicen estes cursos ata que completen a súa formación.

As persoas que no momento de impartirse os cursos estean a traballar teñen dereito a completar a formación. A empresa comprometeuse a iniciar os chamamentos das listaxes evitando as contratacións indefinidas e revezamentos, xa que ao ser de longa duración están contemplados dentro do calendario xeral de formación, e incluír aos aspirantes que, aínda tendo contrato agora, queden sen contrato para outubro xa que serán os que ocupen os primeiros postos. Con isto quérese favorecer unha formación ordenada respectando a orde das listaxes.