martes, 9 de xullo de 2013

RECLAMACIÓN DA PAGA EXTRA


Ante as preguntas recibidas, sobre o modelo de reclamación da paga extraordinaria substraida en novembro, e no seu caso tamén en decembro, e consultada a nosa asesoría xurídica, nos dí que o máis apropiado é a presentación dun conflito colectivo, cuia tramitación ten caracter preferente e que, no noso caso, non é necesaria unha reclamación previa ante a empresa.


Ante a resposta da asesoría vimos de solicitar a convocatoria dun Comité Interempresas, o próximo mércores, para propoñer a presentación do conflito colectivo. Trala reunión vos informaremos do acordado e, de non acordarse a súa presentación, dos pasos a seguir para a solicitude desas cantidades a traverso do SMAC. 



Sección Sindical de CCOO na CRTVG