REUNIÓN DO COMITÉ DE EMPRESA TVGData: 30 de agosto de 2011
O Comité de Empresa acordou nesta reunión:
1.-Invitar ao colectivo de Axudantes de realización a unha xuntanza para falar de problemas que hai no desenvolvemento do seu traballo.
2.-Trasladar á próxima reunión da Paritaria a situación de reporteiros gráficos da delegación de Lugo que cobran complemento de flexibilidade para estar dispoñibles permanentemente, incluída garda nocturna.
3.-Tratar na próxima paritaria a negativa da empresa a pagarlles a dous operadoresmontadores de vídeo o traballo que efectuaron específicamente para as últimas eleccións. Tamén analizar posibles anomalías na interpretación de conceptos para o pagamento de horas extras, eventos especiais, …
4.-Solicitar de novo unha reunión coa directora xerente, en vista de que non tivemos ningunha resposta á formulada o 21 de xuño pasado.
5.-Pedir á empresa que informe na próxima Paritaria sobre a apertura de expediente sancionador a un traballador.
6.-Instar á empresa, tamén nesa Paritaria, a que proporcione á representación dos traballadores as copias básicas correctas, pois hai casos con incongruencia nos datos.
7.-Pedir á dirección que habilite unha estancia axeitada para que invitados a participar en programas se poidan cambiar de roupa nun espazo apropiado para iso. Isto ante a realidade actual, na que participantes en A Solaina, so dispoñen do baños para esa cambiarse.
8.-Tamén quedou constancia de que a Empresa non lle facilitou á representación dos traballadores e traballadoras ningunha información sobre os criterios para a realización das probas da OEP que principan o seis de setembro nin sobre ningunha outra cuestión relacionada con ese proceso.
9.-Convocar a próxima reunión do Comité para o martes, 20 de setembro.
San Marcos, 30 de agosto de 2011
CCOO SERVIZOS Á CIDADANÍA- SECCIÓN SINDICAL CCOO NA CRTVG
xoves, 15 de setembro de 2011
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)