mércores, 20 de setembro de 2017

NON A NOVA PROPOSTA DE VACACIÓNS

Resposta unánime contra o apercibimento dunha traballadora
O Comité de San Marco rexeitouse por unanimidade a pretensión de RRHH de non conceder vacacións en decembro no departamento de informativos. Acordouse transmitirlle a empresa o rexeitamento da proposta de non conceder vacacións durante a tempada de Nadal. Esixirlle a RRHH que cumpra o artigo 40 do Convenio Colectivo, que non caso de denegar a vacacións se argumente por escrito, que se estableza un porcentaxe e que se rote se hai coincidencias en anos sucesivos, que no tocante a concesión de vacacións en períodos inferiores a 5 días a parte social non se opón sempre que sexa para todos os traballadores e traballadoras por igual, que se hai problemas para xestionar a través da ferramenta informática as vacacións se soliciten con formularios por escrito.
Tamén de xeito unánime se opuxo o Comité ao apercibimento por escrito dunha compañeira de CCOO polo emprego de tres planos onde saída a redacción da TVG nunha información sobre o síndrome post vacacional. E presentouse un escrito a dirección de RRHH de onde se enviou a notificación, a Direción Xeral de onde saíu a orde e ao Consello de Administración.


Despois de ter coñecemento do escrito enviado por vostede a Dona DGC dende o Comité de San Marcos
SOLICITAMOS:
Que a dirección de Recursos Humanos aclare se dito escrito é un apercibimento recollido dentro do Convenio Colectivo no artigo 92 correspondente a unha falta leve.


Do mesmo xeito queremos deixar constancia de que:
1.- Nin dende a dirección do programa Galicia Noticias, nin dende a dirección do departamento de Informativos se lle notificou queixa algunha pola elaboración da información a Dona DGC, departamento directamente competente na materia que nos ocupa.




2.- Non existe ningunha instrución por parte da CRTVG para o uso das imaxes gravadas na redacción ou en calquera outra instalación para a elaboración de pezas informativas.
3.- Solicitamos que se dean instrucións por escrito, claras e sen que poida haber interpretación a hora de empregar as imaxes da Corporación. Describindo quen as pode empregar e cando. En que informacións e baixo a autorización de que dirección. Isto que non deixa de ser unha anécdota pode carrexar problemas importantes no futuro para máis traballadores e traballadoras. Aproveitamos tamén para lembrarlles que na Corporación non existe un Manual de Estilo, nin Estatuto Profesional que regule o tratamento informativo e unhas normas claras polas que se deban rexer os traballadores e traballadoras.
4.- A inclusión de traballadoras e traballadores facendo as súa tarefas cotiás emprégase de xeito xeneralizado nas distintas pezas informativas que se elaboran a diario na redacción, xa sexa para falar do síndrome post vacacional, para a adición a Internet ou calquera outra información a miúdo que presenta dificultades para ilustrar graficamente o que se está a contar no texto.
5.- A información elaborada por Dona DGC non induce a erro ningún na mensaxe que se está a tratar que é a síndrome post vacacional un cadro de estrés ou fatiga que sofren algunhas persoas so volver das vacacións. Afirmar que hai un emprego mais aló da intención de informar é, ademais de incorrecto, unha falla de respecto a profesionalidade desta traballadora que leva 17 anos sacando adiante un programa con contidos de moi difícil elaboración.
6.- Este é con diferencia un asunto menor fronte a problemas reais que sí prexudican a reputación da CRTVG. Non hai máis que botar unha ollada as repetidas queixas sobre a manipulación informativa que dende distintos eidos se denuncian e que ven sendo, lamentablemente, un tema recorrente nas comparecencias do director xeral na Comisión da CRTVG no Parlamento.
7.- Na mesma información saen traballadores doutras empresas como é un repartidor dunha empresa de transporte ou un camareiro dun bar e non por iso consideramos que se está danando a súa imaxe.
8.- Constatamos e subliñamos que Dona DGC sempre é dilixente no seu traballo, tanto no se que se refire a CRTVG, como a calquera outro aspecto que afecte a persoas, empresas ou entidades. A súa honorabilidade e ética profesional está fora de toda dúbida.




9.- De ser considerado falta leve advertimos de que non se cumpriu o procedemento regulado no convenio polo que o apercibimento é totalmente improcedente, ademais de non estar tipificado dentro do regulamento. E de non ser considerado como sanción vemos de todo fora de lugar que dende o departamento de Recursos Humanos se emita un xuízo de valor sobre un contido puramente informativo, sendo o departamento competente a dirección de Informativos.