luns, 20 de xuño de 2016

A EMPRESA QUEDA MUDA ANTE A DENUNCIA DE CCOO DA LISTAXE DE VACACIÓNS QUE INCOMPRE O CONVENIO COLECTIVO


Na xuntanza do día de hoxe do Comité Intercentros coa empresa Comisión Obreiras pediu que se publicase novamente as listaxes de vacacións. Nunha primeira publicación faltaban máis de medio cento de traballadores, e nun segunda seguen a faltar. Ademais hai persoal ao que lle conceden os períodos de xeito que contradí o convenio colectivo. Por exemplo hai boa parte traballadores que teñen concedido o desfrute de vacacións por períodos inferiores a 5 días. Mentres que no convenio se recolle que períodos inferiores a 5 xuntaranse a outro máis longo.

CCOO denunciou que esta é unha práctica habitual da empresa para acentuar as desigualdades e permitir a algúns traballadores/as acordar, de xeito pactado e oculto, con algúns xefes de servizo días ou períodos que a compañeiros/as do mesmo departamento e que teñen as mesmas funcións se lle rexeitan sistematicamente, por exemplo no Nadal.

Comisións tamén pediu novamente que se publicaran os horarios de todos o traballadores, unha petición que cursou hai máis dun mes.

Se nun breve prazo duns días non se atenden estas demandas a sección sindical de CCOO acudirá a inspección de traballo a denunciar estas prácticas discriminatorias. A empresa quedou muda ante a evidencia dos favoritismos.

Proceso de acreditación de competencias.
A empresa asegurou que xa está feita a reserva de crédito de 50 mil euros para poder asinar o convenio coa Consellería de Educación para poder levar adiante o proceso de acreditación de competencias que teñen pensado por en marcha en setembro.

Comité de Clasificación Profesional.
As portas da dixitalización e con meses de atraso a empresa asegurou que vai convocar para este xoves o Comité de Clasificación Profesional. Un primeiro paso para adaptar o cadro de persoal ao novo reto ao que se enfronta a empresa e as traballadoras/es nun novo escenario con novas atribucións.



Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2015

venres, 17 de xuño de 2016

Sen información nin actualizacións nas listaxes de contratación.



Cando chega o verán e está pendente un volume alto de contratación para sustituir ao persoal da CRTVG e empresa segue coa estratexia de ocultar información de xeito interesado para outorgar os contratros de xeito arbitrario. Na relación de aspirantes non figura nin o tipo de contratación nin a duración polo que se fai case imposible facer un seguemento e control da contratación que se fai. CCOO pedíulle que se informe cumpridamente a representación sindical e se actualice con puntualidade. Pasa o mesmo coa suspensión e altas voluntarias das listaxes de contratación. Dende Comisións estaremos vixiantes para que dende a dirección da empresa non se fagan este tipo de prácticas. Unhas prácticas que se ben poden estar dentro da legalidade, están moi lonxe de tratar a todos os aspirantes con igualdade, unha desigualdade que CCOO vai a combater ata a extenuación.

mércores, 8 de xuño de 2016

CAMIÑANDO CARA O CONSELLO DE INFORMATIVOS

CAMIÑANDO CARA O CONSELLO DE INFORMATIVOS

Tamén se pediu unha xuntanza coa empresa para que aclare as irregularidade nas listaxe de vacacións

Esta mañá o Comité Intercentros está previsto que se reúna co BNG dentro dunha xeira de xuntanzas que se solicitaron a todos os grupos políticos para que asuman o compromiso de lexislar para acadar unha televisión pública de calidade e que non estea suxeita aos cambios de aire políticos. Nesa xuntanza reivindicar unha modificación da blindaxe do director xeral, incluída nunha disposición adicional da Lei de Orzamentos da Xunta, a creación do Estatuto Profesional e o Consello de Informativos, a defensa da produción propia e a dotación dun orzamento suficiente para o desenvolvemento das súas funcións.

Tamén se acordou pedir unha xuntanza coa empresa para que explique as irregularidades que hai na listaxe de vacacións, que a xuízo de CCOO, son unha demostración da desigualdade que dende o departamento de Recursos Humanos se consinte aos diferentes xefes de departamento. Entre eles está a falla de 50 persoas que non saen nesa listaxe, e a de uns 90 que teñen concedidos períodos de xeito irregular que non se axustan ao convenio colectivo.





Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2016

ROTACIÓNS NAS ELECCIÓNS XA!!


Tamén se acordou pedirlle aos traballadores que non fagan descargas ilegais


Esta mañá no Comité de San Marcos acadouse pedir a empresa unha xuntanza para trasladarlle unha queixa que dende o colectivo de reporteiros gráficos se presentou por mor da convocatoria de eleccións. Dende 2010 os reporteiros gráfico que traballan para a campaña son sempre os mesmo. CCOO entende que é unha clara discriminación e unha decisión arbitraria do xefe do departamento instalado no amiguismo e a dedocracia. Unha actitude que Comisións non está disposta a consentir chegando si é necesario ata o xulgado se non se corrixe.

Por outra banda acordouse informar aos traballadores do departamento de realización que non realicen descargas de contidos ilegais, que se empregan para fondos no plató de informativos ou mesmo para a elaboración de vídeos informativos. Ao parecer dende as xefaturas dos departamentos de produción e redacción de informativos aseguraron de palabra que serían os propios xefes os que se fan responsables de tales descargas. Dende o Comité lémbrase que o acto ilegal é de quen o comete, ademais de que agora os traballadores están asinando unha cláusula nos seus contratos que prohibe expresamente as descargas ilegais e para abundar no asunto hai unha directriz da Dirección Xeral na insta a non facer este tipo de descargas. Unha vez advertido isto pídese aos traballadores, tanto fixos como contratados, que NON DESCARGUEN, ARQUIVOS DE AUDIO, IMAXES OU VIDEOS DOS QUE NON SE TEÑEN DEREITOS e se hai presións para que o fagan que denuncien a situación. A empresa non pode obrigar a ningún traballador a facer un traballo ilegal e polo que será el persoalmente o que terá que responder ante a Xustiza, de feito xa hai unha demanda por o emprego dunha imaxe descargada dun xornal galego. Nunha próxima xuntanza pedirase que aclare si dende a empresa están a pedir unha explicación polo proceder da empresa que por unha parte prohibe as descargas dos que non se teñen dereitos, algo lóxico, e por outra os xefes de departamentos están a obrigar aos traballadores a descargar contidos ilegalmente.


mércores, 1 de xuño de 2016

SEN ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS, SEN CONSELLO DE INFORMATIVOS, SEN INFORMACIÓN , SEN NADA


Esta mañá os membros do Comité Intercentros reuníronse co Director Económico pra desbloquear o proceso de acreditación de competencias. Alí aseguróuselle a representación sindical que despois de dous anos non había unha proposta seria por parte do departamento de persoal dun convenio, nin memoria explicativa nin previsión de gasto. O Comité xa pediu unha xuntanza de urxencia con recursos humanos para aclarar a situación despois de reiterar en numerosas ocasións que dende o departamento económico tiñan 50 mil euros bloqueados da partida de formación que se tiñan que adicar a formación dos 178 traballadores que queren optar a normalizar a súa titulación con vistas a nova clasificación profesional que tamén está bloqueada, dito sexa de paso. O atraso que leva acumulado este proceso fai que este ano moitas traballadoras/es non se matriculasen no ensino ordinario esperando esta vía extraordinaria polo que perderán un curso.

Acordouse pedir unha xuntanza co Consello de Administración para que poña en marcha o Consello de Informativos, despois de que nunha comunicación da Dirección Xeral se aclarara que é o órgano competente para iniciar os procedementos. Ademais iniciará unha xeira de xuntanzas con todos os partidos políticos para acadar con eles un compromiso por escrito para a creación do Consello e se garanta o cumprimento da Lei de Medios Audiovisuais de Galicia. Ante a ausencia deste órgano Comisións Obreiras propuxo que se pedira a Xunta Electoral un especial seguimento dos contidos políticos non espazos informativos non electorais da CRTVG, para evitar que se vulnere a lei.

Ao abeiro do artigo 64 do Estatuto dos Traballadores o Comité Intercentros vai poñer unha denuncia ante a inspección de traballo polo bloqueo sistemático de todo tipo de información á representación sindical.

Dentro desta petición de información tamén se solicitará a Dirección Xeral a entrega ao Comité do Informe de Servizo Público do 2015 que se acaba de presentar na comisión de control da Corporación CRTVG do Parlamento e do que a representación sindical tivo coñecemento pola prensa.




O Comité tamén quere desmentir que propuxera membros para o grupo de traballo da dixitalización que recentemente ven de facer público o director xeral. Aclara isto porque algúns traballadores amosaron o seu descontento polas persoas elixidas e nos departamentos correspondentes aseguraron que foran propostos polos sindicatos. Iso é rotundamente falso.

Dentro de outros temas tamén se acordou colaborar na campaña denominada Badaladas pola prevención do suicidio, do Movemento Galego de Saúde Mental, de concienciación para a creación dun Plan de Prevención do Suicidio en Galicia.




Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2016