luns, 25 de setembro de 2017

A ESPERA DAS RESPOSTAS DA EMPRESA



  • Prevalecen as vacacións sobre a formación.
  • Terceiro concurso para o servizo de cafetería.


Na xuntanza mantida coa empresa no ámbito da Comisión de Formación dende CCOO plantexou os problemas e deficiencias que os compañeiros e compañeiras nos quixeron achegar De todas esas dubidas a empresa quedou de dar cumprida resposta por escrito. Ao que si afirmou é que en caso de que as vacacións coincidan coa formación terán prioridade as vacacións e cando os cursos coincidan en días libres ou coa prolongación de xornada vaise compensar conforme ao convenio colectivo.
CCOO segue defendendo que a igual categoría igual formación. Un dos problemas que antes se puxo enriba da mesa foi a dos operadores montadores de vídeo que quedaban segregados en dous grupos con dúas formacións diferentes. Isto dende recursos humanos asegurouse que xa estaba corrixido e que só había problemas coas persoas que traballan en continuidade. Nesa xuntanza tamén RRHH afirmou que na redacción da TVG vai haber 5 postos de inxesta e 5 de postproducción.
Dende CCOO tamén seguimos coa teima de que se forme tamén ao persoal da Radio Galega, xa que hai casos nos que traballadoras ou traballadores da RG están na TVG e viceversa, máxime despois da conversión en corporación que nos equipara a todos.
CCOO quere deixar claro que defende que a formación non vai configurar a nova clasificación profesional, e así o imos defender nas distintas mesas negociadoras.

No tocante ao servizo de cafetería e comedor a CRTVG vai sacar un terceiro concurso público despois de non chegar a acordo coa actual empresa. O servizo rematará o 31 de outubro. Estase a espera de poder chegar a un acordo de prórroga de servizo e traballando en alternativas. Unha que se puxo enriba da mesa foi a contratación dun servizo de máquinas con pratos precociñados que se quentan en microondas, unha proposta que dende a parte social non ve como unha solución viable. O novo prego prevé un incremento no que chaman a axuda ao custe, que é pagarlle a empresa unha subvención por restar o servizo e un incremento nos prezos.