luns, 5 de agosto de 2013

NEGOCIACIÓN CONVENIO COLECTIVO - PROPOSTA RETRIBUTIVA JULIO 2013


No ámbito da Negociación Colectiva e no marco da Nova Clasificación Profesional, baseada en tres grupos profesionais relacionados con tres niveis de formación (Grao universitario, Formación profesional de grao superior e formación profesional de grao medio), CCOO realizou unha proposta retributiva conxunta coa CUT, que supón o establecemento de un mesmo nivel salarial por cada grupo profesional, dado que ao mesmo valor de traballo ten que corresponder o mesmo salario.

Nesta proposta os niveis salariais quedarían establecidos nos niveles salariais máis altos con respecto aos actuais niveis, no que ao Grupo I corresponderíalle o salario base do actual Nivel 1, ao Grupo II o do Nivel 4 e ao Grupo III o do nivel 7. Deste xeito quedarían equiparados os salarios de todos os traballadores e traballadoras dentro de cada Grupo Profesional.

Para poder adecuar os salarios á nova proposta e para non comprometer a sostenibilidade económica da empresa, propoñemos unha progresión anual dos salarios durante os anos 2014, 2015 e 2016, da seguinte forma:

  • Ano 2014, todos os salarios do Grupo I (Niveis 1 e 2) quedarían unificados, os do Grupo II progresarían un nivel (o 5 subiría ao 4, o 6 ao 5 e o 7 ao 6), e os do Grupo III (o 8 subiría ao 7 e o 9 ao 8).
  • Ano 2015, os do Grupo II terían unha nova suba de tramo ( os do nivel (os do nivel 5 subirían ao 4 e os do 6 ao 5), e os do Grupo III pasarían definitivamente ao nivel 7.
  • Ano 2016, os salarios de cada Grupo quedarían definitivamente unificados.

Este sistema retributivo proposto non implicaría incremento da masa salarial autorizada, polo que sería necesaria unha redistribución da mesma, que en ningún caso signifique unha perda de dereitos adquiridos regulados no Convenio Colectivo.



San Marcos a 31 de Xullo de 2013