martes, 23 de novembro de 2010

COMITÉ INTEREMPRESAS DA CRTVG















Máis dun cento de traballadores/as da CRTVG concentráronse hoxe nas instalacións da Empresa coincidindo co paro ,dunha hora, convocado polo Comité Interempresas.
O persoal da CRTVG participante na concentración non estaba incluído no servizos mínimos abusivos, impostos pola Dirección.
Os concentrados na entrada da TVG manifestáronse logo polas instalacións e saíron ao exterior do edificio ata chegar á entrada da sede do Consello de Administración. Alí berraron consignas en demanda dunha CRTVG digna e de calidade, e pedindo a convocatoria da OEP con tribunais imparciais, a incorporación do persoal da promoción interna, a incorporación das Delegacións á estructura da CRTVG e a
reclasificación do persoal.
A concentración-manifestación desenvolveuse entre as 11,45 e as 12,45 horas, cadrando co paro convocado na TVG, na Radio Galega e na Compañía a esa mesma hora.
O Comité seguirá chamando á mobilización do persoal mentres a Dirección e o Consello de Administración non atendan as súas demandas.
-Para máis información : Santiago Alvite (Presidente do Comité Interempresas
610303260
San Marcos, 16/11/2010