mércores, 27 de xullo de 2011

REUNIÓN DO COMITÉ INTEREMPRESAS. DÍA: 20 de xullo de 2011

REUNIÓN DO COMITÉ INTEREMPRESAS
DÍA: 20 de xullo de 2011

- Ao pleno do Comité asistiron:

CUT: Raquel Lema, Alberto Vázquez, Carlos de Novoa e David Paz.
CIG: Santiago Alvite e Pío César Romero
UXT: Antonio Nieves e Santiago del Valle (delegado sindical)
USO: Manuel Cereijo e Fernando Bellas (delegado sindical)
CCOO: Carlos Juanatey e Teté Pérez (delegada sindical)
ARG: Begoña Vázquez
SXG: Susana Suárez (que asistiu en representación do Sindicato de Xornalistas, malia que non teñen representación no Interempresas, dada a importancia dos temas a tratar).

- Debátese sobre as propostas que desde o Comité Interempresas se quere achegar aos tribunais para a súa consideración no proceso de OEP (PECE).

Chegouse a acordo nos seguintes puntos:

Baremación do tempo traballado na súa totalidade acreditado polas sentenzas, sexan estas firmes ou non.
Cando o traballador acumule dous ou máis contratos temporais que sumen 24 meses traballados, nun período de 30 meses, non se terá en conta, ao longo da súa vida laboral, as interrupcións entre contrato e contrato ( art. 15.5 do ET).

Recoñecemento dos servizos prestados baixo a modalidade de artísticos en todas as categorías, sempre que se realizasen funcións propias da categoría que se vai a avaliar.
Con carácter previo ás probas de locución e lingua galega, deberían facerse públicos os criterios de avaliación das mesmas, co fin de obxectivalas o máis posible.

Non houbo acordo unánime, polo que tivo que someterse a votación, a proposta da CUT de puntuar as probas orais de galego e locución como APTO ou NON APTO. Esta proposta non foi apoiada por CCOO por considerar que deixar todo o peso do proceso á antigüidade é discriminatorio e arbitrario entre todo o persoal contratado. Os traballadores e traballadoras que decidiron no demandar, pola razón que sexa, e os que demandando, aínda non se lles celebrou xuízo, en ocasións polo seu aprazamento, ou non teñen sentenza nin en primeira instancia, dada a saturación de determinados xulgados, verían minguadas as súas posibilidades de competir, cun mínimo de igualdade, cos seus compañeiros e compañeiras que, tendo sentenza ou acumulada moita antigüidade, debido á arbitrariedade coa que se asinaban determinados contratos, estarían nunha situación avantaxada.

Dada a escaseza de prazas en relación ao persoal contratado de longa duración, nos parece que non sería xusto dar todo o peso da OEP a un factor como a antigüidade, que dada a especificidade desta empresa, resultaría discriminatorio para a maioría do persoal contratado que, nalgúns casos, aínda tendo máis antigos non terán a posibilidade de acreditalo por circunstancias alleas a eles.

Realizada a votación, o resultado foi:

A favor de APTO/NON APTO 6 votos (CUT, USO e UXT)

En contra 4 (CCOO, CIG e ARG)

Abstencións 0



- Debatéronse as propostas de emendas ao proxecto de lei PP—PSdeG-PSOE para a reforma da CRTVG, presentadas po CCOO, CUT, CIG e UXT.

Tralo debate chegouse a un acordo de presentación de 18 emendas no que en CCOO estamos satisfeitos polas nosas achegas recollidas neste documento.


- CCOO propúxolle ao pleno do CI a convocatoria dunha asemblea para que os traballadores e traballadoras teñan a oportunidade de dar a súa opinión respecto dos temas tratados neste Comité dada a súa importancia para o conxunto do persoal.

Esta proposta xerou un amplo debate sobre a conveniencia ou non da súa convocatoria, argumentando a época vacacional na que nos atopamos e a complexidade dos temas a tratar. Aprobándose finalmente a convocatoria desta asemblea para o día 26 de xullo ás 15,00 horas.