luns, 28 de maio de 2012

REUNIÓN DO COMITÉ DE EMPRESA DE TVG. 22 de maio de 2012

REUNIÓN DO COMITÉ DE EMPRESA DE TVG data: 22 de maio de 2012 O Comité de TVG tratou e acordou nesta xuntanza o seguinte: 1.- Tratou a solicitude dun traballador que realiza funcións de nivel superior á súa categoría para que o Comité faga un informe que recolla esa situación. A presidencia vai elaborar ese informe para entregarllo ao interesado. 2.- Viuse o escrito dunha compañeira no que pide o apoio do Comité ante a valoración discriminatoria dos seus méritos no proceso da OEP. O caso exposto non é único dentro da anómala avaliación aplicada polos tribunais, que a uns lles valora certa experiencia mentres a outros, con idénticos méritos, non lla teñen en conta. A presidencia comunicarallo así a esta compañeira. 3.-Á pregunta sobre a constitución dunha plataforma de afectados da OEP, a presidencia di que non ten nada de que informar, porque se trata dunha acción á marxe do Comité. 4.-Convocouse o próximo pleno do Comité para o día 5 de xuño San Marcos, 22 de maio de 2012 SERVIZOS Á CIDADANÍA * SECCIÓN SINDICAL DE CCOO NA CRTVG