venres, 25 de maio de 2012

COMISIÓN DE FORMACIÓN. 10 MAIO 2012

ORDE DO DÍA: 1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior (axúntase) 2.- Cursos en desenvolvemento 3.- Cursos inmediatos 4.- Entrega de información sobre o estado actual de bolseiros 5.- Rogos e preguntas 1.- Cursos en realización: Autocad II. Ten moi poucos alumnos (3). Emisión de audio desde o exterior. RG. Nas 4 delegacións e en San Marcos. Grupos de 3. 2.- Queda convocado o curso de Tratamento de información económica. 3.- Hai problemas para realizar cursos, porque non se dispón de aulas, prevese que queden libres en poucos días. 4.- En xuño (a segunda quincena) comezará un curso de PowerPoint. O de Excel quedará para despois do veran. Están pendentes de traer os ordenadores, que son imprescindibles para o curso. O curso será impartido por Adecco, pero aínda non está pechado con eles. Os cursos de Excel e PowerPoint non serán "online", senón presenciais. 5.- Está previsto un curso de pintura para os colectivos de electricistas e mantemento. Polas características do curso, non poderá ser realizado en San Marcos. 6.- Entrega da relación de bolseiros con seu correspondente “responsable de acollida”. O titor, que é Paulino Novo, descoñece que os bolseiros saian a cubrir informacións relevantes con reporteiros gráficos, si isto sucede, haberá que explicar “casos concretos”.