venres, 11 de maio de 2012

REUNIÓN DO COMITÉ DE EMPRESA DE TVG. 8 de maio de 2012

REUNIÓN DO COMITÉ DE EMPRESA DE TVG. 8 de maio de 2012 Nesta xuntanza o Comité de TVG tratou os seguintes asuntos: 1.- A presidencia distribúe a copia dunha resolución da Inspección de Traballo como consecuencia da denuncia de que houbo persoal que excedeu o legal de oitenta horas extras. Inspección resolve “estender requirimento” (non sanciona) ao considerar que o exceso (de 1 a 4 horas máis das oitenta legais) é de pouca transcendencia. En todo caso, reiteramos que facer horas extra prexudica a contratación de profesionais que están nas listaxes agardando traballo. 2.-A presidencia informa dunha carta na que o operador de cámara Carlos Castiñeiras solicita o amparo do Comité por trato discriminatorio no desenvolvemento da súa actividade laboral. Como xa se decidira nun pleno anterior, trasládase o asunto á Comisión Paritaria para solicitarlle á Dirección da Empresa que aclare cal é a situación do traballador e esixirlle que practique un trato igualitario para este compañeiro e demais profesionais. 3.-Canto ao cumprimento do legalmente establecido para persoal en prácticas, bolseiros e beneficiarios da Feuga, o Comité agarda recibir de RRHH a lista dese persoal e manter a observación sobre cómo se desenvolven na práctica esas. Trátase de evitar que a Empresa utilice irregularmente ese colectivo en substitución de profesionais que están, en desemprego, nas listaxes de contratación. 4.-Esta Sección Sindical informa de que nos últimos minutos do Galicia Noticias Mediodía do pasado día 4 de maio se rectificou indebidamente unha noticia emitida once minutos antes no mesmo espazo. Polos datos recollidos desde CCOO sobre este feitos, consideramos que a xefa de informativos deu unha orde descabellada ao pedir que se rectificara onde non había nada que merecera tal exercicio. Estamos ante unha falcatruada inédita por parte da xefatura de informativos que se engade á manipulación reiterada (caso Campeón, tratamento da folga xeral, terxiversación da marcha do Comité Interempresas contra a represión e a manipulación, etc., etc.) e ao sectarismo aplicado a cotío na xestión da redacción de Informativos. A sección sindical de CCOO considera que xa son excesivas as anomalías que evidencian a incapacidade da xefa de informativos para desenvolver tal cargo cargo e pide que sexa destituída. O asunto volverá tratarse noutra xuntanza do Comité, despois de que a presidencia verifique o exposto hoxe sobre esa rectificación absurda emitida nun horario no que habitualmente esta canle logra a maior audiencia. 5.-Acordouse pedirlle por escrito á dirección que publique de inmediato a listaxe de vacacións anuais, pois o prazo máximo establecido para iso no Convenio foi o 15 de abril e nalgún departamento aínda están sen confirmar as datas solicitadas polo persoal. 6.-Como a Dirección segue sen mostrar o novo convenio con Meteogalicia, acordouse que a presidencia o reclame outra vez, previa a reclamación vía xudicial, para termos coñecemento directo dese documento. A próxima xuntanza do Comité de TVG quedou convocada para o día 22 deste mes. San Marcos, 8 de maio de 2012 SERVIZOS Á CIDADANÍA*Sección sindical de CCOO na CRTVG Bando San Marcos, S/N Santiago de