martes, 3 de maio de 2016

NON CABE RECTIFICACIÓN


O Comité da por verídico o incidente do Venres Santo
Na xuntanza do día de hoxe do Comité de San Marcos acordouse respostar a Dirección de Recursos Humanos a súa petición de rectificación polas explicacións que o se pediron polo incidente acontecido na redacción de informativos o Venres Santo, unha comunicación na que ademais se pediu a dimisión da directora de informativos.

Segue a censura na TVG
O Comité pedirá explicacións a Dirección da TVG ante a denuncia pública dun grupo musical, Ataque Escampe, ao que lle cortaron unha estrofa no medio dunha canción durante a súa emisión no programa Musigalité na que dicían “Isto é un atraco, chegarei até o final por unha vez. Adeus, cabronazos, voume a un paraíso fiscal como fan os do PP”. NO director xeral xa asegurou que foi unha decisión da produtora que fai o programa, unha decisión que dita produora asume como técnica. En opinión dos profesionais desta empresa a decisión técnica pouco se sostén cando se fai un corte no medio dunha estrofa a non ser que abedeza a razóns de supresión do contido.

Ultimato a dirección da CRTVG
Despois dunha xuntanza a semana pasada do Comité con Rosa Vilas, directora da División de Radio Televisión de Galicia na que se facilitou unha información que non é completa, xa que deu unha programación na que non se recollen programas que xa empezan a emitirse esta mesma semana acordouse dar ata este venres de prazo a empresa para que facilite toda a información a que ten dereito o comité (audiencias, programación, orzamentos, programación da radio, información sobre o departamento de novas canles,....), e que xa se pediron de xeito reiterado. Senón se facilitan acudirase a Inspección de Traballo para que inste a empresa a facelo.




Santiago de Compostela, 3 de maio de 2016