mércores, 4 de maio de 2016

UNHA SEMANA MÁIS ESPERANDO AS VACACIÓNS.



A empresa di que vai fixar criterios de asignación iguais para todos os departamentos
Na xuntanza do día de hoxe do Comité Intercentros co director de Recursos Humanos acordouse que a empresa vai establecer criterios fixos para todos os traballadores/as a hora de conceder as vacacións, libranzas por festivos e asuntos propios. Para que todos os traballadores/as poidan comprobar que se respectan estes criterios a publicación da vacacións a empresa atrasa a publicación das listaxes unha semana máis, incumprindo o convenio colectivo que daba como data límite mediados de abril. Nun principio dende RRHH asegurouse que este ano de xeito excepcional e debido ao aumento de libranzas que hai non van permitir pegar os días libres as vacacións do verán que preferentemente, non obrigatoriamente, se poden coller entre xuño e setembro, aseguraron que nos meses de verán a prioridade son as vacacións fronte aos asuntos propios. Esperamos que isto quedará aclarado o vindeiro mércores.

Entre outros acordos a empresa di que vai estudar a posibilidade de incluír o concepto de antigüidade na nómina e tamén o de cotización da empresa, este último punto incumpre a lexislación vixente. Tamén fixou un mes para comunicar aos traballadores/as a data na que vai pagar a parte proporcional da paga extra do 2013, que vai do 1 de xaneiro ao 28 de febreiro.

Consello de Redacción: unha ferramenta para o Dereito da Información.
O Comité Intercentros está a artellar unha charla-coloquio na que se abordará a necesidade da existencia dos Consellos de Informativos nos medios públicos e na CRTVG. A dita charla asistirán membro do Consello de Informativos de RTVE. Convocaranse asembleas a vindeira semana, xoves e sábado,. para falar sobre o particular




Santiago de Compostela, 4 de maio de 2016