CAMIÑANDO
CARA O CONSELLO DE INFORMATIVOS
Tamén
se pediu unha xuntanza coa empresa para que aclare as irregularidade
nas listaxe de vacacións
Esta mañá o Comité Intercentros está previsto que se
reúna co BNG dentro dunha xeira de xuntanzas que se solicitaron a
todos os grupos políticos para que asuman o compromiso de lexislar
para acadar unha televisión pública de calidade e que non estea
suxeita aos cambios de aire políticos. Nesa xuntanza reivindicar
unha modificación da blindaxe do director xeral, incluída nunha
disposición adicional da Lei de Orzamentos da Xunta, a creación do
Estatuto Profesional e o Consello de Informativos, a defensa da
produción propia e a dotación dun orzamento suficiente para o
desenvolvemento das súas funcións.
Tamén se acordou pedir unha xuntanza coa empresa para
que explique as irregularidades que hai na listaxe de vacacións, que
a xuízo de CCOO, son unha demostración da desigualdade que dende o
departamento de Recursos Humanos se consinte aos diferentes xefes de
departamento. Entre eles está a falla de 50 persoas que non saen
nesa listaxe, e a de uns 90 que teñen concedidos períodos de xeito
irregular que non se axustan ao convenio colectivo.
Santiago
de Compostela, 8
de xuño de
2016