luns, 20 de xuño de 2016

A EMPRESA QUEDA MUDA ANTE A DENUNCIA DE CCOO DA LISTAXE DE VACACIÓNS QUE INCOMPRE O CONVENIO COLECTIVO


Na xuntanza do día de hoxe do Comité Intercentros coa empresa Comisión Obreiras pediu que se publicase novamente as listaxes de vacacións. Nunha primeira publicación faltaban máis de medio cento de traballadores, e nun segunda seguen a faltar. Ademais hai persoal ao que lle conceden os períodos de xeito que contradí o convenio colectivo. Por exemplo hai boa parte traballadores que teñen concedido o desfrute de vacacións por períodos inferiores a 5 días. Mentres que no convenio se recolle que períodos inferiores a 5 xuntaranse a outro máis longo.

CCOO denunciou que esta é unha práctica habitual da empresa para acentuar as desigualdades e permitir a algúns traballadores/as acordar, de xeito pactado e oculto, con algúns xefes de servizo días ou períodos que a compañeiros/as do mesmo departamento e que teñen as mesmas funcións se lle rexeitan sistematicamente, por exemplo no Nadal.

Comisións tamén pediu novamente que se publicaran os horarios de todos o traballadores, unha petición que cursou hai máis dun mes.

Se nun breve prazo duns días non se atenden estas demandas a sección sindical de CCOO acudirá a inspección de traballo a denunciar estas prácticas discriminatorias. A empresa quedou muda ante a evidencia dos favoritismos.

Proceso de acreditación de competencias.
A empresa asegurou que xa está feita a reserva de crédito de 50 mil euros para poder asinar o convenio coa Consellería de Educación para poder levar adiante o proceso de acreditación de competencias que teñen pensado por en marcha en setembro.

Comité de Clasificación Profesional.
As portas da dixitalización e con meses de atraso a empresa asegurou que vai convocar para este xoves o Comité de Clasificación Profesional. Un primeiro paso para adaptar o cadro de persoal ao novo reto ao que se enfronta a empresa e as traballadoras/es nun novo escenario con novas atribucións.



Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2015