martes, 18 de xuño de 2013

NEGOCIACIÓN CONVENIO. Propostas da empresa no marco do Convenio Colectivo

Propostas da empresa no marco do Convenio Colectivo

A empresa expón a súa proposta de ideas xerais sobre a nova estractura retributiva:

1.- Integración, co obxecto de simplilficar a estractura retributiva, no salario base dos complementos de paga de lei de orzamentos que se perciben nas pagas extras , a terceira paga extra e o complemento especifico do convenio, que se percibe en doce pagas. O montante bruto anual do salario base distribuiríase en catorce pagas, doce ordinarias mensuais e dúas extras en Xuño e Novembro.

2.- Conxelación do complemento de capacitación e permanencía a data de sinatura do convenio, e recoñocemento proporcional hasta esta data dos días traballados desde o último vencemento de bienio ou quinquenio. Este complemento sería persoal e manteríase ata a finalización do contrato de traballo.

3.- Eliminación dos restantes complemetos de persoal  coa adcrisción a o novo sistema de clasificación  profesional.

4.-Creación dos seguintes complementos:

-Disponibilidade, diferenciando si o traballador esta disponible de luns a venres o de luns a domingo.

- De Postos Singulares, con dous posibles moladidades: por libre designación ou polas características específicas do mesmo. Supón a determinación dos postos singulares e as contías a percibir polo desempeño dos mesmos. Podería incluirse aquí a retribución ligada ao complemento de pantalla do convenio actual.

-  De Dirección, que retribúe ao persoal de convenio que sexa nomeado en posto directivo pola diferenza entre a súas retribuciñon fixas, excluida a antiguedade, e as aprobadas pola Xunta de Galicia para o posto directivo en cuestión.

- De Conducción, valorando a súa extensión a todo o persoal que conduzca coches da empresa.

-De Nocturnidade.

- De Polivalencia, para o persoal que faga funcións de varias especialidades profesionais ou áreas funcionais,  se ten as titulacións habilitantes.

- De Traballo en Domingo ou Festivo,  Ven ligado o cambio na xornada de traballo e no sistema de quendas, propoñendose o seguinte:

  -Xornada de traballo semanal de treinte e sete horas e media semanais e cómputo anual.

  -Organización do traballo en quendas de sete horas de distribución das horas necesarias para o cumprimento da xornada anual de xeito rotatorio en festivos.

 -Eliminación do horario intesivo de fin de semana



No apartado da clasificación Profesional o esquema seguido pola parte social é na liña que xa vos comunicáramos, aínda seguimos establecendo as diferentes especialidades profesionais que delimitarían as funcións a desenvolver. Estamos pendentes de que a empresa nos diga cales son as que acepta e onde quere modificacións. Tamén nos fará entrega, probablemente mañá antes da asemblea, do sistema de adscrición ao novo sistema do persoal fixo e temporal.