xoves, 26 de abril de 2012

XUNTANZA DO COMITÉ DE E. DE TVG, 17 de abril de 2012

XUNTANZA DO COMITÉ DE E. DE TVG 17 de abril de 2012 Nesta reunión tratáronse os seguintes asuntos: 1.- Esta sección sindical, atendendo ao interesado que pide o amparo do Comité, expón a discriminación que sofre o operador de cámara Carlos Castiñeiras no desenvolvemento do seu traballo. Logo de explicar polo miúdo a situación, o Comité de Empresa acorda trasladar o problema á Comisión Paritaria. O obxectivo é que a Dirección aclare de quen partiu a decisión de apartar a este compañeiro das retransmisións e que xustifique tal decisión. 2.- Tamén por iniciativa de CCOO debateuse sobre a aplicación das medidas de Seguridade e Saúde Laboral a partir das declaracións, chocantes nalgúns aspectos, que fixeron responsables de produción en acto xudicial celebrado recentemente. O Comité decide comunicalo á Comisión específica para que se estableza o protocolo de actuación nesa materia en retransmisións e se delimiten responsabilidades na aplicación do mesmo. O que se busca é que estea ben claro quen ten a responsabilidade de aplicar as medidas de protección, incluída a distribución ou reparto dos elementos necesarios. 3.- Trasladar á Comisión Paritaria a proposta do SXG sobre cuestións derivadas da eliminación da comida subvencionada que afectan especialmente á quenda da fin de semana: se é posible saír do centro de traballo para comer, en qué hora se pode facer uso do tempo dispoñible para xantar, …Pídese que a acta desa reunión recolla claramente a resposta da Empresa e que se exhiba no taboleiro. 4.- CCOO pide que conste na acta desta reunión a reprobación do Comité á maneira en que se informou do desenvolvemento da folga xeral e das manifestacións do 29M: un tratamento, en imaxes e comentarios, tendencioso e criminalizador da actividade dos piquetes; cómo se informou das manifestación; ónde se emplazaron os directos, etc En definitiva; unha evidencia máis da utilización partidista que esta Dirección está a facer dos Informativos. Comparamos co distinto tratamento que se lle deu no Telexornal á anterior folga xeral (29S de 2010) na que se protestou contra a reforma laboral que aplicara o goberno de Zapatero. 5.- Esta sección sindical tamén expresou o pedimento de que as convocatorias de concentracións de protestas e outras accións en xornada laboral se convoquen a unha hora na que poida participar o maior número posible de traballadores/as. A conclusión é que nunha hora ou noutra sempre hai persoal que non pode acudir por obriga laboral. 6.- A USO aclara que desa sección non partiu a filtración a Galicia Confidencial dunha nota que non contaba coa aprobación de toda a representación sindical. 7.- A próxima xuntanza do Comité de TVG quedou convocada para o día 8 de maio. SERVIZOS Á CIDADANÍA * SECCIÓN SINDICAL DE CCOO NA CRTVG San Marcos, 17 de abril de 2012