xoves, 26 de abril de 2012

NON Á PROVATIZACIÓN DAS TELEVISIÓNS PÚBLICAS

Non á privatización das televisións públicas O PP flexibiliza os modo s de xestión da s televi sións autonómica s públicas O Consello de Ministros celebrado o pasado venres vai enviar ás Cortes xerais un proxecto de lei para modificar a Lei xeral do audiovisual. Con isto pretenden que os distintos gobernos autónomos poidan privatizar ou pechar as súas respectivas televisións públicas. Á espera dunha análise máis extensa dese borrador que ten preparado o Goberno do PP, para Comisións Obreiras supón un atentado directo á liberdade de información, recollida no artigo 20 da Constitución e no noso Estatuto de Autonomía. Esta decisión enmarcaríase nos ataques que o Goberno de Rajoy vén lanzando a todos os servizos públicos esenciais (sanidade, educación, etc.), e a televisión pública tamén o é. Se o peche dun medio de comunicación sempre é unha perda de liberdade e democracia, cuestionar a existencia das televisións públicas vai na liña autoritaria do «pensamento único», de non consentir a lexítima disidencia e de non garantir o acceso da cidadanía a uns medios que son seus e que pagan cos seus impostos. Esta lei pretende externalizar todas as áreas de produción da televisión e, en especial, quere facelo cos servizos informativos coa conseguinte perda de pluralidade, independencia e liberdade que iso supón para a cidadanía. Hai que dicir non a esta forma de facer política contra os intereses xerais de traballadores e traballadoras, de pensionistas, da cidadanía, dos e das estudantes, dos máis débiles… Comisións Obreiras rexeita este borrador contra as televisións públicas por privatizador e reaccionario. Farase unha análise no sector estatal de medios de comunicación para dar unha resposta contundente e unitaria. Comisións Obreiras da CRTVG, pon por riba de todo o servizo público, a súa defensa e a continuidade dos nosos postos de traballo. Seguiremos informando