martes, 27 de abril de 2010

CCOO DENUNCIA A SUSTRACIÓN E MANIPULACIÓN DUN DOCUMENTO INTERNO

Ante os feitos acontecidos coa publicación, no Facebook “CONSOLIDACIÖN XA “, dun escrito que se lle atribúe a CCOO, esta Sección Sindical quere facer as seguintes consideracións:

1.- Un grupo autodenominado colectivo de contratados remítelle en data …… , un escrito ao Secretario Xeral da Confederación Sindical de CCOO poñendo no seu coñecemento a posición da Sección Sindical de CCOO na CRTVG respecto da OEP. Esta Sección Sindical elabóralle a Ignacio Fernández Tojo, un resumo histórico da CRTVG para a súa mellor comprensión da situación actual.

2.- No Facebook de CONSOLIDACIÓN XA está publicado un escrito que se lle atribúe maliciosamente a CCOO.

3.- O escrito publicado é falso, manipulado en interese propio eliminando o que non lles interesa, e que pretende enganar ao conxunto dos traballadores e traballadoras.

4.- O escrito que se pública da indicios dun acceso ilegal á información, á comunicación e aos soportes de información desta Sección Sindical.
A gravidade deste feito ten dúas vertentes, por unha banda a manipulación que se quere facer dos traballadores, o que nos leva á publicación do documento ao que parece facer referencia o publicado no Facebook e pola outra a tomar medidas xudiciais ante un feito delictivo de acceso ilegal ao soporte informático da S.S. de CCOO.

Estas practicas que se evidencian no ámbito da empresa obríganos a esixirlle a dirección da CRTVG que se abra unha investigación co fin de esclarecer este feito e evitar que o dereito das organizacións sindicais e a intimidade das comunicacións dos traballadores e traballadoras da CRTVG queden salvagardadas da actividade delictiva de estes individuos e individuas.

Por ultimo parece evidente que un dos obxectivos é desprestixiar á Sección Sindical de CCOO e introducir unha división na Representación Sindical, poñendo como actual unha opinión, acerca doutro sindicato, que esta Sección Sindical tivo no pasado e que, actualmente, por méritos dos seus actuais representantes tense modificado, na consideración de que na actualidade exercen a representación sindical en defensa do conxunto dos traballadores e traballadoras.

O documento remitido por esta Sección Sindical ao Secretario Xeral da Confederación Sindical de CCOO para infórmalle da situación na CRTVG, que inicialmente estaba destinado ao manexo interno do Sindicato, vémonos na obriga de publicalo integramente na paxina web da sección sindical, para a súa comparación co publicado no Facebook de CONSOLIDACION XA .

Santiago, 26 abril de 2010

Acceso o docemunto

http://www.mediafire.com/?f4mjldzzjwm