venres, 16 de novembro de 2012

A FOLGA XERAL UN ÉXITO TAMÉN NA CRTVG

A Sección Sindical de CCOO quere agradecer aos compañeiros e compañeiras a súa participación na xornada de Folga do 14N e nas numerosas manifestacións que transcorreron polas cidades do país. O éxito desta folga foi unha labor de todas e todos, das persoas que exerceron o seu dereito constitucional e daquelas que, non podendo exercelo polo desempeño dos servizos mínimos, se limitaron estritamente ao seu cumprimento, non permitindo o desenvolvemento da programación fora do pactado coa representación sindical. Agardamos que este éxito de convocatoria nos dea ánimos a todos e todas para continuar a recuperar e defender os nosos dereitos nas mobilizacións que nos agardan. A loita non remata nunha xornada de folga, queda un duro camiño por percorrer no ámbito dos dereitos colectivos dos traballadores e traballadoras, e no concreto da nosa empresa, a CRTVG (Corporación, Convenio Colectivo...). Se continuamos ese camiño coa unidade reflectida nesta xornada de Folga Xeral, será máis doado alcanzar os nosos obxectivos. MOITAS GRAZAS, MOITO ÁNIMO E ADIANTE Sección Sindical de CCOO na CRTVG