luns, 3 de outubro de 2011

7 - ACORDOS DO COMITÉ DE EMPRESA

ACORDOS DO COMITÉ DE EMPRESA
Reunión 7 do 20 de setembro de 2011

O Comité de Empresa da TVG acordou nesta reunión:

1.-Ante a próxima (o 31.12.2011) finalización do contrato con Overon para a
transmisión de sinal DNGS (unidades de directos) instar á Empresa a que a
partir de ahí se limite a alugar o equipamento técnico, de xeito que sexa persoal
de TVG quen desenvolva esa actividade.

2.-Pedirlle á Dirección que comparezan ante o Comité a xefatura ou
responsables de organiza-lo traballo de realización co obxectivo de alcanzar
unha mellor organización do traballo e evitar conflitos no desenvolvemento das
tarefas que corresponden ás distintas categorías laborais implicadas.

3.-Solicitar a comparencia da Xefa de Informativos ante o Comite para tratar
incidencias e anomalías no desenvolvemento do traballo da redacción.

4.-Denunciar ante a Inspección de Traballo varios casos de contratación
fraudulenta mediante contratos artísticos.

5.- Tratar na próxima Comisión Paritaria a negativa da Empresa a conceder
permiso de paternidade en determinadas situacións.

6.-Convocar a próxima xuntanza do Comité para o martes, 4 de outubro.


San Marcos, 20 de setembro de 2011
Sección Sindical de CCOO na CRTVG