Desde CCOO levamos
anos reclamando á empresa un exercicio de transparencia e unha
xestión eficiente dos recursos públicos que, ao noso entender, non
se está a reflectir en todos os aspectos empresariais, por exemplo
nos datos das audiencias dos programas da grella e o custe das
producións alleas, exteriorizacións, etc. Así como na asignación
arbitraria dos complementos salariais regulados no Convenio
Colectivo. En aras desa transparencia e para clarificar a información
sobre os custos sindicais que a empresa publicou na web, CCOO quere
dar a coñecer a todas as traballadoras e traballadores da empresa a
situación da súa representación sindical na empresa.
CCOO ten na CRTVG
catro representantes electos no comité de empresa único da CRTVG en
San Marcos, do que unha é tamén delegada sindical e, a maiores,
outro delegado sindical. Esta representación non seu conxunto
outórgalle unha dispoñibilidade de 4.400 horas sindicais, que se
distribúen internamente na Sección Sindical do seguinte xeito:
- 1650 horas para a
liberación de Enrique Rodríguez Marcos, para a atención da Sección
Sindical, control da información entregada pola empresa (copias
básicas, incidencias de nómina, etc.) así como a participación no
Comité de Seguridade e Saúde Laboral como delegado de prevención
da empresa.
- 1650 horas para a
liberación de Teté Pérez Pardo, Secretaria Xeral da Sección
Sindical de CCOO na CRTVG, para a participación no comité da CRTVG
en San Marcos, na Comisión Paritaria de Vixilancia e Interpretación
do Convenio Colectivo, e a asistencia como delegada sindical ao resto
de órganos de representación sindical. Ademais do traballo como
responsable do Sector de Medios de Comunicación de Galicia de CCOO.
- 1100 horas para a
súa distribución entre o resto de representación nos seus
distintos ámbitos:
- Carlos Juanatey Silva, membro do Comité de empresa da CRTVG en San Marcos, membro do Comité Intercentros da CRTVG, membro da Comisión Paritaria, membro da Comisión para Nova Clasificación Pofesional.
- Jesús Domínguez Lama, membro do Comité de empresa da CRTVG en San Marcos, membro da Comisión de Xestión de Listaxes de Contratación, xestión da páxina web e redes sociais da Sección Sindical.
- Javier López Quian, membro do Comité de empresa da CRTVG en San Marcos, membro do Comité Intercentros da CRTVG.