mércores, 8 de xuño de 2016

ROTACIÓNS NAS ELECCIÓNS XA!!


Tamén se acordou pedirlle aos traballadores que non fagan descargas ilegais


Esta mañá no Comité de San Marcos acadouse pedir a empresa unha xuntanza para trasladarlle unha queixa que dende o colectivo de reporteiros gráficos se presentou por mor da convocatoria de eleccións. Dende 2010 os reporteiros gráfico que traballan para a campaña son sempre os mesmo. CCOO entende que é unha clara discriminación e unha decisión arbitraria do xefe do departamento instalado no amiguismo e a dedocracia. Unha actitude que Comisións non está disposta a consentir chegando si é necesario ata o xulgado se non se corrixe.

Por outra banda acordouse informar aos traballadores do departamento de realización que non realicen descargas de contidos ilegais, que se empregan para fondos no plató de informativos ou mesmo para a elaboración de vídeos informativos. Ao parecer dende as xefaturas dos departamentos de produción e redacción de informativos aseguraron de palabra que serían os propios xefes os que se fan responsables de tales descargas. Dende o Comité lémbrase que o acto ilegal é de quen o comete, ademais de que agora os traballadores están asinando unha cláusula nos seus contratos que prohibe expresamente as descargas ilegais e para abundar no asunto hai unha directriz da Dirección Xeral na insta a non facer este tipo de descargas. Unha vez advertido isto pídese aos traballadores, tanto fixos como contratados, que NON DESCARGUEN, ARQUIVOS DE AUDIO, IMAXES OU VIDEOS DOS QUE NON SE TEÑEN DEREITOS e se hai presións para que o fagan que denuncien a situación. A empresa non pode obrigar a ningún traballador a facer un traballo ilegal e polo que será el persoalmente o que terá que responder ante a Xustiza, de feito xa hai unha demanda por o emprego dunha imaxe descargada dun xornal galego. Nunha próxima xuntanza pedirase que aclare si dende a empresa están a pedir unha explicación polo proceder da empresa que por unha parte prohibe as descargas dos que non se teñen dereitos, algo lóxico, e por outra os xefes de departamentos están a obrigar aos traballadores a descargar contidos ilegalmente.