DIRECTOS
FALSOS DAN PASO A INFORMACIÓNS GRAVADAS HORAS ANTES
Nas
últimas semanas dende o sindicato CCOO vimos detectando que nos
espazos informativos da televisión pública de tódolos galegos se
está empregando unha estratexia para presentar informacións dicindo
que son en directo cando son gravadas. Todo consiste en que as
xornalistas ou
os xornalistas
se
poñen
diante da cámara e simulan que están en directo e
que presentan un vídeo.
Iso grávase e despois os presentadores dende
o plató danlles
paso dicindo que están en directo. Algo que
pouco ten que ver co carácter inmediato e de veracidade que se lle
debe esixir aos contidos informativos.
Unha
situación que xa non só se repite en profesionais que están
atendendo a un programa concreto, senón que agora vemos como a
redactores e redactoras da mañá se lles obriga a facer este tipo de
traballo para os informativos da tarde, argumentando que para os
programas so seran non teñen persoal suficiente para cubrir a
emisión.
Dende CCOO queremos
denunciar primeiro, e máis grave, que o emprego deste sistema de
traballo é un xeito lamentable de enganar ao espectador, presentando
como directo información que xa levan horas feitas. Un xeito de
manipulación máis dos que vimos denunciando durante anos. Polo que
pedimos que se erradique esta práctica.
En segundo lugar, esta
práctica ven derivada da escaseza de contratación de persoal para
cubrir as necesidades básicas de produción que ten a Galega. Unha
escaseza que ten unha consecuencia directa como é a perda de
calidade dos contidos e o emprego de artimañas que lonxe de encubrir
as deficiencias resáltanas aínda máis.