Quedou en nada a xuntanza do día de hoxe do Comité
Intercentros na que se ía tratar a aplicación da transposición do
Real Decreto Lei 10/2015 de permisos por asuntos particulares e
vacacións por antigüidade.
A empresa pediu un informe a Función Pública para ver
cal é a posición na que está a CRTVG, polo que dixo non estaba en
disposición de dar unha postura, asegurando que é custión de días.
Uns días que comezaron a contar o 17 de outubro que se sentou por
primeira vez cos sindicatos a falar deste asunto.
En opinión de CCOO esta é unha manobra máis para ir
adiando a aplicación directa do dereitos de tódalas
traballadoras/es, que vai camiño de acabar pola vía do conflito
colectivo se non se resolve antes de que acabe novembro.
Equipo
de eleccións
Comisións tamén lle preguntou a RRHH, cales son os
criterios que se sigue na escolma dos equipos de eleccións,
solicitoulle un informe no que se recolla unha relación dos
participantes dos últimos anos e se preguntou como van substituír a
estas persoas. Non é de recibo que ano tras ano vexamos sacando
proveito practicamente as mesmas persoas e que ao mesmo tempo non se
bote man das listaxes de contratación e que os ocos destes
traballadores acaben cubríndose con horas extraordinarias que se lle
ofrecen a uns poucos.
Externalizando
retransmisións
CCOO tamén pediu información sobre a contratación de
Tele Salnés para as retransmisións de partidos de Terceira
División. Ao parecer encargarase delas despois de que a produtora
Setemedia rematase o contrato. Desta nova actividade non se informou
nada, o que ven a ser outra manobra opaca máis as que xa nos ten
afeitos a Dirección da CRTVG, e Comisións non a vai deixar pasar
sen que se clarexe.
Boicot
aos sindicatos
CCOO advertiu a Dirección de RRHH que porá unha
denuncia na Inspección de Traballo por obstaculizar o labor sindical
se segue sen recibir os partes de incidencias que levan un atraso de
catro meses, despois de pedilos case semanalmente.
Dentro de outro orde de cousas outros sindicatos
pedíronlle a RRHH que diga cal é a súa posición de cara a poder
xuntar os días de libranzas que se teñan pegados as vacacións, un
criterio que se viña aplicando ultimamente.
Tamén se lle pediu a empresa que clarexe en que
capítulo vai ingresar os cartos que a produtora El Progreso ten que
pagarlle por cederlle traballadores ilegalmente a CRTVG e
beneficiarse de cartos públicos.