luns, 28 de maio de 2012
REUNIÓN DO COMITÉ DE EMPRESA DE TVG. 22 de maio de 2012
REUNIÓN DO COMITÉ DE EMPRESA DE TVG
data: 22 de maio de 2012
O Comité de TVG tratou e acordou nesta xuntanza o seguinte:
1.- Tratou a solicitude dun traballador que realiza funcións de
nivel superior á súa categoría para que o Comité faga un informe
que recolla esa situación. A presidencia vai elaborar ese informe
para entregarllo ao interesado.
2.- Viuse o escrito dunha compañeira no que pide o apoio do
Comité ante a valoración discriminatoria dos seus méritos no
proceso da OEP. O caso exposto non é único dentro da anómala
avaliación aplicada polos tribunais, que a uns lles valora certa
experiencia mentres a outros, con idénticos méritos, non lla teñen
en conta. A presidencia comunicarallo así a esta compañeira.
3.-Á pregunta sobre a constitución dunha plataforma de
afectados da OEP, a presidencia di que non ten nada de que
informar, porque se trata dunha acción á marxe do Comité.
4.-Convocouse o próximo pleno do Comité para o día 5 de
xuño
San Marcos, 22 de maio de 2012
SERVIZOS Á CIDADANÍA * SECCIÓN SINDICAL DE CCOO NA CRTVG
venres, 25 de maio de 2012
COMISIÓN DE FORMACIÓN. 10 MAIO 2012
ORDE DO DÍA: 1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior (axúntase) 2.- Cursos en desenvolvemento 3.- Cursos inmediatos 4.- Entrega de información sobre o estado actual de bolseiros 5.- Rogos e preguntas
1.- Cursos en realización: Autocad II. Ten moi poucos alumnos (3).
Emisión de audio desde o exterior. RG. Nas 4 delegacións e en San Marcos. Grupos de 3.
2.- Queda convocado o curso de Tratamento de información económica.
3.- Hai problemas para realizar cursos, porque non se dispón de aulas, prevese que queden libres en poucos días.
4.- En xuño (a segunda quincena) comezará un curso de PowerPoint. O de Excel quedará para despois do veran. Están pendentes de traer os ordenadores, que son imprescindibles para o curso. O curso será impartido por Adecco, pero aínda non está pechado con eles. Os cursos de Excel e PowerPoint non serán "online", senón presenciais.
5.- Está previsto un curso de pintura para os colectivos de electricistas e mantemento. Polas características do curso, non poderá ser realizado en San Marcos.
6.- Entrega da relación de bolseiros con seu correspondente “responsable de acollida”.
O titor, que é Paulino Novo, descoñece que os bolseiros saian a cubrir informacións relevantes con reporteiros gráficos, si isto sucede, haberá que explicar “casos concretos”.
mércores, 23 de maio de 2012
REUNIÓN DO COMITÉ DE EMPRESA DE TVG. 14 de maio de 2012
REUNIÓN DO COMITÉ DE EMPRESA DE TVG
14 de maio de 2012
Nesta xuntanza extraordinaria do Comité de TVG, a
solicitude de CCOO, tratouse o seguinte:
1.- A Sección Sindical de CCOO solicitou esta xuntanza extraordinaria para tratar o asunto da rectificación, no Galicia Noticias do 4 de maio, para “aclarar” que o bar que aparecía nas imaxes dunha nova non tiña relación coa mesma.
A noticia rectificada con esa “aclaración” é a titulada “Droga Culleredo”, 8ª na escaleta emitida ás 14h05. Relata a denuncia de habitantes dun bloque de vivendas contra os veciños dun dos pisos, porque –segundo contan- venden droga.
A información visual da noticia é coma a da maioría das novas dese informativo: a imaxe das testemuñas, a
localización do problema (edificio), a do contorno (rúa),.. Nos setenta e nove_segundos que dura a noticia en ningún instante se destaca, nin se ve, nin se distingue a imaxe dun bar. O relato en off e as testemuñas tampouco citan en ningún momento ningún bar.
Esta Sección Sindical recolleu de fontes directas a explicación sobre o sucedido: Desde a dirección de informativos, en plena emisión do espazo, telefonouse ao director do programa para dicirlle que tiña que emitir no mesmo esa rectificación da noticia. A argumentación foi que chamara a propiedade dun bar pedíndoa, xa que no seu negocio non tiña relación coa noticia relatada.
Consideracións:
1.-A xefa de Informativos desprestixia o bo traballo e esforzo de profesionais dese Servizo sen ningún tipo
de miramento. En consecuencia, desacredita e desprestixia esta Empresa sustentada cos impostos da cidadanía.
2-A xefa de Informativos non ve a emisión dos programas elaborados nese departamento. É máis; nin sequera ve a noticia en cuestión antes de ordenar a rectificación. Se a tivera mirado e escoitado, non perdería o tempo outorgándolle valor a unha demanda absurda e dando ordes descabelladas .
3.-Con esa decisión extraña, a xefa de Informativos establece un precedente negativo para que quen queira, e sen razón, esixa que rectifiquemos o que lle dea a gana. Sen embargo, á vista dos acontecementos nos últimos tempos, cando a realidade si esixe rectificación, non a ordena.
4.- Aos reiterados casos de manipulación informativa (caso Campión, folga xeral, marcha do Comité Interempresas contra a represión e a manipulación, etc.) denunciados polos Comités e algúns na
prensa, á discriminación profesional (Mentres a uns xornalistas case non se lles asigna traballo, outros/as
están sobrecargados/as) practicada a cotío no desenvolvemento do traballo na redacción de Informativos
e á realización de entrevistas a altos cargos da Xunta sen participación de xornalista da Casa engádese agora este despropósito, inédito na profesión .
5.- A xestión da xefa de Informativos evidencia que non ten interese ningún e/ou non está cualificada para
desenvolver a súa responsabilidade coa eficacia e equidade que require esta empresa pública de comunicación.
Cremos que xa van excesivas falcatruadas. Estes feitos afastan máis aos Servizos Informativos do obxectivo de
conseguir unha TVG auténticamente democrática e de servizo público, que difunda información veraz, imparcial e
plural.
Polo tanto, propoñemos a este comité que solicite a quen corresponda que a destitúa do cargo. É evidente que a actual xefa de Informativos é incapaz ou non ten ningún interese en exercer tal responsabilidade nas condicións que esta Empresa Pública require.
Vótase a proposta de CCOO:
A favor da proposta..............1 - (CCOO)
En contra da proposta...........1 - (USO)
Abstencións..........................11 - (4 CUT, 3 CIG,
2 USO, 1 UXT, 1 SXG)
venres, 11 de maio de 2012
REUNIÓN DO COMITÉ DE EMPRESA DE TVG. 8 de maio de 2012
REUNIÓN DO COMITÉ DE EMPRESA DE TVG. 8 de maio de 2012
Nesta xuntanza o Comité de TVG tratou os seguintes asuntos:
1.- A presidencia distribúe a copia dunha resolución da
Inspección de Traballo como consecuencia da denuncia de que
houbo persoal que excedeu o legal de oitenta horas extras.
Inspección resolve “estender requirimento” (non sanciona) ao
considerar que o exceso (de 1 a 4 horas máis das oitenta legais) é
de pouca transcendencia.
En todo caso, reiteramos que facer horas extra prexudica a
contratación de profesionais que están nas listaxes agardando
traballo.
2.-A presidencia informa dunha carta na que o operador de
cámara Carlos Castiñeiras solicita o amparo do Comité por trato
discriminatorio no desenvolvemento da súa actividade laboral.
Como xa se decidira nun pleno anterior, trasládase o asunto á
Comisión Paritaria para solicitarlle á Dirección da Empresa que
aclare cal é a situación do traballador e esixirlle que practique un
trato igualitario para este compañeiro e demais profesionais.
3.-Canto ao cumprimento do legalmente establecido para
persoal en prácticas, bolseiros e beneficiarios da Feuga, o
Comité agarda recibir de RRHH a lista dese persoal e manter a
observación sobre cómo se desenvolven na práctica esas. Trátase
de evitar que a Empresa utilice irregularmente ese colectivo en
substitución de profesionais que están, en desemprego, nas listaxes
de contratación.
4.-Esta Sección Sindical informa de que nos últimos minutos
do Galicia Noticias Mediodía do pasado día 4 de maio se rectificou
indebidamente unha noticia emitida once minutos antes no
mesmo espazo. Polos datos recollidos desde CCOO sobre este
feitos, consideramos que a xefa de informativos deu unha orde
descabellada ao pedir que se rectificara onde non había nada que
merecera tal exercicio. Estamos ante unha falcatruada inédita por
parte da xefatura de informativos que se engade á manipulación
reiterada (caso Campeón, tratamento da folga xeral, terxiversación
da marcha do Comité Interempresas contra a represión e a
manipulación, etc., etc.) e ao sectarismo aplicado a cotío na
xestión da redacción de Informativos. A sección sindical de
CCOO considera que xa son excesivas as anomalías que
evidencian a incapacidade da xefa de informativos para
desenvolver tal cargo cargo e pide que sexa destituída.
O asunto volverá tratarse noutra xuntanza do Comité, despois
de que a presidencia verifique o exposto hoxe sobre esa
rectificación absurda emitida nun horario no que habitualmente
esta canle logra a maior audiencia.
5.-Acordouse pedirlle por escrito á dirección que publique de
inmediato a listaxe de vacacións anuais, pois o prazo máximo
establecido para iso no Convenio foi o 15 de abril e nalgún
departamento aínda están sen confirmar as datas solicitadas polo
persoal.
6.-Como a Dirección segue sen mostrar o novo convenio con
Meteogalicia, acordouse que a presidencia o reclame outra vez,
previa a reclamación vía xudicial, para termos coñecemento directo
dese documento.
A próxima xuntanza do Comité de TVG quedou convocada para
o día 22 deste mes.
San Marcos, 8 de maio de 2012
SERVIZOS Á CIDADANÍA*Sección sindical de CCOO na CRTVG
Bando San Marcos, S/N
Santiago de
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)