Ola,
Adxuntamos resumo con información de interese sobre a Comisión paritaria celebrada hoxe.
Respecto da Negociación Colectiva non hai información relevante. Estamos intentando convencer á empresa da oportunidade de acotar máis a clasificación profesional, para establecer especialidades dentro das Áreas Funcionais e os Grupos Profesionais. Cando teñamos clara a posición da empresa neste sentido, convocaremos unha reunión da Sección Sindical para tratar as posibles especialidades a establecer.
A empresa publicou hoxe unha relación de persoal susceptible de acollerse á xubilación parcial nos termos acordados no ámbito da Negociación Colectiva, conviña que a repasedes por si houbera erros e algúnha persoa que cumpra os requisitos non figurara nela. Esta relación hai que rexistrala no INSS e podería dar problemas a ausencia do persoal desa relación de cara á solicitude de xubilación parcial.
Os requisitos para acollerse a esta modalidade de xubilación son:
- cumprir 61 anos antes do 1 de xaneiro de 2019
- ter cotizados 30 anos.
- Unha antiguidade na empresa de 6 anos consecutivos, inmediátamente anteriores ao comezo da xubilación parcial.
Seguiremos informando,
Un saúdo.
INFORMACIÓN COMISIÓN PARITARIA
Vacacións
Na reunión mantida hoxe na Comisión Paritaria, a parte social
transmitiulle á empresa os problemas que está tendo o persoal á
hora de solicitar as vacacións. Solicitámoslle tamén unha
ampliación do prazo de solicitude para tentar solventar as
incidencias que se están a producir tralos numerosos rexeitamentos
do período de vacacións solicitado.
Acordouse dar unha semana máis de prazo, ata o 21 de abril,
para entregar as solicitudes e as rectificacións oportunas.
A empresa informou que as instrucións dadas aos
responsables dos departamentos eran que se organizasen as
vacacións de xeito que non se precisara substituír aos traballadores
e traballadoras e, para iso, se procurara que a maioría do persoal
as collera no período que vai entre xuño e agosto, por ser estes
meses os de menor carga de traballo. Aínda así, era competencia
dos distintos responsables, estender este período si elo significaba
unha menor necesidade de contratación.
A empresa aceptou tamén que, cando estas eran divididas en
varios períodos, se puidera repetir un deles, nas tres propostas
alternativas, aínda que sería difícil preparar o programa
informático, polo que habería que pactalo co xefe correspondente.
A parte social tamén lle recordou que a lei de igualdade
establece a idade de 12 anos, para os fillos menores, para ter
dereito prioritario na elección das vacacións, e non 6 anos como se
recollía nos formularios.
Substitucións nas delegacións
Ante a advertencia de que se estaban a producir
discriminacións entre os traballadores e traballadoras da plantilla
fixa de San Marcos, que tendo solicitado traslado a algunha
delegación e, en tanto non se producía, solicitaban realizar
substitucións temporais, a empresa comunicou que xa dera
instrucións de que todas as substitucións se realizaran mediante as
listaxes de contratación temporal e non mediante traslados
temporais, ata que non se cubran as prazas mediante o concurso
de traslados preceptivo.
Ausencias por prescripción médica sen baixa
A empresa informa de que as ausencias por prescrición médica
sen baixa estanse a tramitar como baixas e, polo tanto, co
desconto establecido para as mesmas nas nóminas. Ampárase para
elo nunha instrución do SERGAS, dado que aos facultativos, o
sistema informático, non lles permite emitir baixas de un día.
Seguen aceptando a posibilidade de solicitar licencias para acudir a
unha consulta médica, sen descontos, só polo tempo imprescindible
para a asistencia a mesma e coa oportuna xustificación.
Desconto salarial
A empresa informa da aplicación das medidas de aforro
impostas nos presupostos da Xunta para o 2013, que supoñen o
desconto do salario que, na nosa empresa, oscila entre o 4,21% e o
7%, dependendo do nivel salarial. Este desconto se aplicará, como
o ano pasado, na paga extraordinaria do mes de novembro. A parte
social rexeitou a aplicación deste desconto e reservámonos o
dereito de interpoñer o correspondente recurso.
San Marcos a 11 de abril de 2013