luns, 18 de marzo de 2013
INFORMACIÓN NEGOCIACIÓN COLECTIVA 13-MARZO-2013
Na última reunión da mesa negociadora do convenio colectivo, a empresa
entregou unha relación do persoal con praza fixa, das vacantes existentes e do
persoal con contratos de longa duración a 31 de decembro de 2013.
Total de prazas de catalogo:
769 (710 ocupadas e 59 vacantes)
Por empresas:
CRTVG 84 (77 ocupadas e 7 vacantes)
RTG 133 (125 ocupadas e 8 vacantes)
TVG 552 (508 ocupadas e 44 vacantes)
Total persoal contratado de longa duración: 272
Por empresas:
CRTVG 12
RTG 41
TVG 219
A empresa non realizou unha proposta concreta de estabilización do
emprego temporal, pero instou á parte social a chegar a un acordo que
permita, en catro ou cinco anos, "converxer" os contratos de longa duración e
os fixos, sen que isto incremente o catalogo de persoal aprobado neste
momento, e dicir, a base de ir ocupando as vacantes existentes e as xeradas
nese período, que calculou nunhas 120 procedentes de xubilacións.
O certo é que esta proposta tería que ser aprobada pola Xunta de Galicia,
posto que nas instrucións recollidas na lei de orzamentos, obrígase á
administración e ás sociedades públicas a amortizar, no prazo de tres meses,
as vacantes existentes no momento da súa aprobación.
Nesa xuntanza, CCOO instou á empresa a entregar xa a masa salarial
(que xa entregou esta semana) e a empresa comprometeuse a entregar na
reunión seguinte toda a información obxecto de estudio, e pactar, a instancias
da parte social, unha periodicidade maior de reunións, así como separar das
xuntanzas xerais, as destinadas a pactar unha nova clasificación profesional.
Tamén se comprometeu, e tamén a instancias da parte social, a entregar
datos sobre os gastos realizados en produtoras.
Con respecto a solicitude de pacto de ultractividade do convenio colectivo
ata que se asine un novo, debido ao retraso ao que se está a someter a
negociación por parte da empresa, esta nega que se estea a producir tal
retraso, e so se comprometeu a que, si chegado ao final de ano so quedasen
por perfilar algúns puntos, non habería problema en prorrogar o convenio nun
mes máis.
No apartado de xubilación parcial, a parte social propuxo á empresa
asinar un acordo antes do 1 de abril, data na que se preve unha modificación
da actual lei, de forma que se permita aos traballadores e traballadoras
acollerse á lexislación anterior, que se preve máis beneficiosa. Neste punto
CCOO propuxo que este acordo deixase a posibilidade de que o persoal que se
acolla a esta modalidade de xubilación, poda pactar coa empresa agrupar o
período que lle corresponda traballar ao inicio da mesma.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)