A
sección sindical pide unha xuntanza da Área Pública
Na
xuntanza do día de hoxe do Comité Intercentros acordouse coa
empresa que os festivos traballados polos traballadores/as dende o 1
de setembro ata o 31 de decembro serán desfrutados do seguinte xeito
por todos independentemente dos días que xa traballaran:
- Os dous primeiros festivos teráse a opción de cobralos íntegramente ou cobrar un día e librar outro.
- Os seguintes póndese cobrar integramente, cobrar un día e librar outro ou pedir dous días libres de compensación.
Pola
parte social pedíuse a empresa que se pronunciara sobre a devolución
de días de asuntos propios, asuntos propios por antigüidade e días
de vacacións por antigüidade. Dende CCOO entendemos que a de
aplicación da devolución é de recibo cando por lei se nos
recurtaron. En virtude do acordo firmado por Xunta e sindicatos de
trasposición do Real Decreto 10/2015 a empresa debe restituir eses
días aos traballadores/as, uns días que dende RRHH só lles
recoñecen aos integrantes da Compañía e non a TVG. Comisiós
entende que para evitar discriminar a traballadores/as que están
baixo un mesmo convenio colectivo debe ser de aplicación xeral a
todos. A dirección de RRHH dixo que ía a estudar os tres casos por
entedenlos distintos.
PETICIÓN
DE CONVOCATORIA DA MESA XERAL DA FUNCIÓN PÚBLICA
A
sección sindical de CCOO se dirixiu aso sindicato para que inste a
convocatoria da Mesa da Xeral da Función Pública para que se
inclua no acordo explícitamente a socidade mercantil Televisión de
Galicia.
Tamén
se abordou a xa vello tema do proceso de dixitalización do que a
empresa quedou de ofrecer información no marco da xuntaza de
clasificación profesional que se celebrará a máis tardar en dúas
semanas.