Amosando publicacións coa etiqueta CONVENIO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CONVENIO. Amosar todas as publicacións

venres, 13 de maio de 2016

ACORDO PARA O DISFRUTE DAS LIBRANZAS POR FESTIVOS


Tamén se pedíu a empresa que publique os horarios de todos os traballadores.
Na xuntanza do día de hoxe do Comité Intercentros co director de Recursos Humanos acordouse uns criterios para a as libranzas por compensación de festivos. Durante o 2016, e só para este ano, non se poderán pegar as libranzas as vacacións só durante dos meses de xullo e agosto. Para o resto dos meses en caso de non haber acordo co xefe de servizo o traballador/a fará unha petición que a empresa responderá nun prazo de 5 días. No caso de ser a resolución negativa para o traballador/a o/a solicitante poderá facer unha segunda solicitude que terá que variar 15 días nas datas de desfrute (15 días antes ou despois) que tiña pedida por primeira vez, unha segunda solicitude que será concedida obrigatoriamente pola empresa.

Tamén se lle pediu que a empresa publique unha relación dos horarios de todo o persoal, xa que ata o momento só se comunican os do departamento de Medios de Producción e Realización.




Santiago de Compostela, 13 de maio de 2016

mércores, 13 de abril de 2016

O DIRECTOR XERAL NON RECIBE AO COMITÉ INTERCENTROS



Pedimos explicacións dos criterios das vacacións, libranzas e asuntos propios

O director xeral, Sanchez Izquierdo, remitiu unha nota ao Comité Intercentros na que delega a explicación do nomeamento da nova xefa de servizo de Responsabilidade Social e Asesoramento Lingüístico, ao director de recursos humanos. Un xesto que amosa o desprezo que ten o director, que vai camiño de converterse que máis tempo bote no cargo, polos representantes dos traballadores.

Un asunto máis ao que terá que atender Jorge Varela e dos que o comité está esperando unha resposta, algúns dende nai máis dun mes, e dos que tampouco informa e xa van máis dunha ducia as comunicacións que ten pendentes.

A todo isto terá que engadirlle as explicacións por parte da empresa dos criterios obxectivos que se van empregar na concesións de vacacións, libranza e festivos, xa que cada xefe de servizo está a aplicar os criterios que lle peta e como medida preventiva aos conflitos que se presentan ao ter que desfrutar os días de vacacións e asuntos propios do 2015. Será nunha xuntanza que se solicitou con Recursos Humanos e esperemos que o señor Varela atenda en tempo e forma.


mércores, 9 de decembro de 2015

A MAIORÍA DO COMITÉ REXEITA A GRAVACIÓN DOS PLENOS PROPOSTA POR COMISIÓNS


Na xuntanza do día de hoxe do Comité de San Marcos a CIG, UXT e USO rexeitaron a proposta de CCOO de que se gravaran os plenos do Comité co fin de dar transparencia dos debates xerados nas xuntanzas. A CUT abstívose.

Nesta xuntanza a CIG trouxo unha proposta que finalmente retirou por falta de acordo na que se quería limitar os temas que se podían gravar e o tempo que tiñan que conservarse as gravacións.

Dende CCOO creemos que este era o último obxectivo que se perseguía dende un comezo polas seccións que votaron en contra; conseguir limitar o coñecemento que teñen os traballadores das posicións que se toman en cada asunto tratado.

A CUT despois de rexeitarse a proposta de gravación dos plenos rexeitou formar parte da Comisión Xestora que ven facendo as funcións da Presidencia e Secretaría ao non haber o consenso suficiente para designar os membros que tomen posesión dos cargos .

Despois votouse o regulamento do Comité que se aprobou por maioría votando a favor CIG, UXT e USO, en contra a CUT e a abstención de Comisións. Dende a sección sindical non o apoiamos porque entendemos que ao non incluírse no regulamento un artigo que obrigue a rexistrar por medios dixitais os plenos dita normativa queda incompleta. De tódolos xeitos non estamos en contra do resto dos artigos que se recollen, xa que traballamos de xeito activo nel co fin de ter un sistema de funcionamento organizado.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2015

mércores, 2 de decembro de 2015

DÍA DE ACORDOS NO COMITÉ INTERCENTROS

DÍA DE ACORDOS NO COMITÉ INTERCENTROS

  1. Pediráselle a empresa que corrixa os cálculos dos conceptos retributivos nas nóminas
  2. Primeiro paso para colaborar co Consello de Informativos de RTVE
  3. Rexeitamento do Mandato Marco
Na xuntanza do día de hoxe do Comité Intercentros acordouse pedir por escrito a corrección dos conceptos retributivos das nóminas a empresa. Dende Recursos Humanos están a calcular o pagamento mensual dependendo dos días que ten o mes e non en base a 30 días como viña sendo normal. Isto provoca, primeiro, unha discriminación cos compañeiros/as contratados que ven minguados o seus soldos en función do mes no que traballen, e segundo, malia que non se note tamén afecta ao persoal fixo. Por un lado hai unha diminución de entre 1 e 2 euros na nóminas mensuais e hai tamén diminución de entre 14 e 16 euros ao mes no complemento específico de convenio que se calculou co mesmo procedemento e que xa é fixo dende que se incorporou no novo Convenio Colectivo.

Deuse un primeiro paso para comezar a consecución dun Consello de Informativos na RTVG. Para iso o Comité vai solicitar un achegamento ao Consello de Informativos de RTVE cos traballadores da CRTVG para coñecer de primeira man como é o seu funcionamento e como é o impacto deste órgano no traballo diario.
A proposta de CCOO o Comité elaborou unha resposta conxunta de rexeitamento ante a aprobación en solitario por parte do PP no Parlamento de Galicia do Mandato Marco. Una lei que non garante a prestación dun servizo público de calidade, non establece medidas para asegurar a pluralidade e imparcialidade dos informativos, nin o unhas bases para a divulgación da lingua e a cultura galegas.




Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2015

martes, 27 de outubro de 2015

FESTIVOS PENDENTES, RECUPERACIÓN DE DEREITOS E DIXITALIZACIÓN TEMAS URXENTES A DEBATER COA EMPRESA


Na xuntanza do día de hoxe do Comité Intercentros acordouse pedir unha reunión urxente coa empresa para que aclare cal será o criterio a aplicar para a compensación de festivos, xa que ata o momento non se pronunciou, aínda que xa houbo indicacións diferentes a algúns traballadores de como llos ían a compensar. Tamén se lle pide que comunique a decisión en canto a devolver os días de vacacións por antigüidade recurtados por decreto. Así mesmo se lle pedirá o proxecto de dixitalización que xa está recollido nos orzamentos previstos para o 2017.

Lactación e asuntos propios a paritaria.
Ante a solicitude de información por parte de varias traballadoras dos dereitos do permiso de lactación acordouse pedir unha convocatoria da Comisión Paritaria para aclarar como se desfrutan as hora de lactación acumuladas que se piden con cargo ao crédito horario, xa que hai sospeitas de que a empresa está a facer unha interpretación restritiva deste dereito. Tamén a recuperación dos días de asuntos propios ten que ver coa interprestación da aplicación do convenio que se debaterá nesa xuntanza.

Sen Comité de Seguridade e Saúde Laboral
Despois dos desencontros na creación da comisión debateuse sobre a composición de dito órgano. A postura de CCOO é clara: 8 membros, 4 de San Marcos e 4 das delegacións. USO, CIG e UXT entende que debe ser proporcional aos votos resultantes das elección sindicais, polo que UXT gañaría un representante que non ten e a CIG pasaría a ter dous. A CUT mantén unha postura igual a Comisións, que entende que é a interpretación que dende a nosa sección sindical lle parece correcta. CCOO mantén esta postura sen prexuízo de que se poida chegar a un acordo maioritario. Dende Comisión lamentamos a falla de acordo na creación deste comi que é fundamental para tratar aspectos fundamentais do traballo diario.

Director Xeral perenne

Outro dos puntos acordados foi o rexeitamento da modificación da Lei de Medios 9/20011 por disposición na Lei de Acompañamento dos Orzamentos na que mantén o Director Xeral da RTVG se non hai acordo no Parlamento o que na práctica supón unha pervivencia no cargo do actual director afín ao goberno do PP. Ante esta situación vaise a facer un comunicado oficial e estúdase a data para a convocatoria dunha mobilización. 

mércores, 30 de setembro de 2015

AS NÓMINAS E A APLICACIÓN DO NOVO CONVENIO



Na reunión mantida hoxe coa empresa, informounos sobre os seguintes puntos:


1.- Con respecto á aplicación do Convenio Colectivo no apartado retributivo dixo que, na nómina de setembro cobrariamos os atrasos correspondentes ao complemento de convenio (terceira paga prorrateada) e a compra da antigüidade (para quen non a tiña topeada), ata o 31 de agosto de 2015, así como a parte correspondente a setembro. A partires de outubro xa se cobrarían os conceptos estipulados no novo convenio colectivo.



2.- Con respecto á publicación do Convenio Colectivo en papel, a empresa informa que van tirar algúns exemplares para RR.HH. e os sindicatos, e que se facilitarán a quen non teña un acceso cómodo á Intranet da empresa, pero non para o conxunto dos traballadores e traballadoras. A parte social insistiu en que había que repartir exemplares a todos e todas.

3.- Con respecto aos asuntos propios, a parte social solicitou que se aplicaran os 6 que xa figuran no EBEP e que si era necesario se tivese unha Paritaria para aplicalo.




San Marcos a 30 de setembro de 2015