Amosando publicacións coa etiqueta sindicatos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta sindicatos. Amosar todas as publicacións

mércores, 13 de abril de 2016

O DIRECTOR XERAL NON RECIBE AO COMITÉ INTERCENTROS



Pedimos explicacións dos criterios das vacacións, libranzas e asuntos propios

O director xeral, Sanchez Izquierdo, remitiu unha nota ao Comité Intercentros na que delega a explicación do nomeamento da nova xefa de servizo de Responsabilidade Social e Asesoramento Lingüístico, ao director de recursos humanos. Un xesto que amosa o desprezo que ten o director, que vai camiño de converterse que máis tempo bote no cargo, polos representantes dos traballadores.

Un asunto máis ao que terá que atender Jorge Varela e dos que o comité está esperando unha resposta, algúns dende nai máis dun mes, e dos que tampouco informa e xa van máis dunha ducia as comunicacións que ten pendentes.

A todo isto terá que engadirlle as explicacións por parte da empresa dos criterios obxectivos que se van empregar na concesións de vacacións, libranza e festivos, xa que cada xefe de servizo está a aplicar os criterios que lle peta e como medida preventiva aos conflitos que se presentan ao ter que desfrutar os días de vacacións e asuntos propios do 2015. Será nunha xuntanza que se solicitou con Recursos Humanos e esperemos que o señor Varela atenda en tempo e forma.


xoves, 3 de marzo de 2016

RECURSOS HUMANOS SEGUE REXEITANDO PROPOSTAS E SEN FACILITAR INFORMACIÓN AO COMITÉ

Non permite a ampliación de horarios da cafetería 
Rexeita a posta en marcha dunha WIFI aberta
Descoñece o emprego de material da CRTVG por particulares 

EQUIPOS DA RADIO EN DOMICILIOS PARTICULARES 
Dende o Comité pedíuselle explicacións ao director de Recursos Humanos sobre a presenza de equipos da CRTVG en domicilios particulares para que certos colaboradores traballen dende a súa casa. Esta decisión tomouse pola dirección argumentando que ían gastar menos, pero dende a sección sindical entendemos que esa instalación de equipamento permanente de medios públicos para uso privado é cando menos irregular. RRHH recoñeceu a existencia de cesión de equipamentos pero só en casos puntuais aducindo descoñecer outras situacións.  A parte social pediulle unha relación dos colaboradores que teñen equipos na súas casas, data de instalación e persoal da empresa que fixo eses traballos. 

OS HORARIOS DE CAFETERÍA NON SE AMPLÍAN 
A parte social pediu que se lle permitira a empresa que xestiona o servizo de cafetería que amplíe os horarios. Dende CRTVG din que non se pode permitir que de xeito unilateral a concesionaria modifique as condicións do contrato. Tamén informou da demanda que presentou a anterior concesionaria de 422 MIL EUROS por considerar que a CRTVG é responsable da inviabilidade económica da empresa ao non manter as condicións que se lle ofertaran na contratación que a levou a rematar con perdas. 

AS VACACIÓNS VAN DE XUÑO A SETEMBRO 
RRHH negou que deran ordes para que as vacacións só se pidan nos meses de xullo e agosto como lle manifestaron algúns xefes de servizo a traballadores. Dende o departamento de persoal aseguran que o período para pedir vacacións é o establecido no convenio: de xuño a setembro, tamén podendo pedilo noutras datas, sempre que se chegue a un acordo coa empresa menos no Nadal, mes no que se xuntan moitas peticións de asuntos propios e libranzas. A empresa asegura que se vai facer un maior esforzo de planificación e económico a hora de cubrir as vacacións do persoal para que os servizos non queden desatendidos, nin haxa sobrecarga de traballo. Veremos se é verdade. 

SEN WIFI ABERTA 
A parte social pediulle a empresa ter unha rede wifi aberta para todo o persoal, unha petición rexeitada alegando problemas de seguridade, o custe e alegando a prohibición de usar equipos propios no centro. Dende Comisións non entendemos que na era da dixitalización, e cando todos os edificios públicos teñen redes abertas se prive aos traballadores/as dunha ferramenta de traballo e teñamos que estar a empregar os datos dos nosos dispositivos particulares para consultar información indispensable para o noso traballo. Dende a parte social pediuse un informe por escrito que ampare esta decisión. 

ABUSO DE BOLSEIROS/AS 
O Comité de San Marcos informou a empresa da situación de abuso que sofren algúns bolseiros/as por parte de xefes de servizo aos que se lles sobrecarga de traballo e están a traballar sen supervisión de persoal da empresa. Unha situación que xa foi posta en coñecemento da Comisión de Formación e que persiste. RRHH comprometeuse a erradicar os ese comportamentos que considera puntuais. 







Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2016

martes, 12 de xaneiro de 2016

ACORDO PARA A ROTACIÓN NA COMISIÓN DE XESTION DO COMITÉ DE SAN MARCOS E INTERCENTROS


Por 14 votos a favor e 5 en contra aprobáronse as quendas da Comisión de Xestión correspondendo a Presidencia en funcións para Carlos Juanatey de CCOO e a Secretaría para Manuel Cereijo de USO.

O único sindicato que votou en contra foi a CUT que entenden que é un xeito de perpetuar unha xestión que se vai facer crónica en lugar de elixir os cargos que están vacantes dende xuño.

Para Comisións este é un acordo para xestionar o día a día xa que o reparto de traballo o facía sempre a mesma persoa. Isto non quere dicir que non se vaian a propoñer candidaturas se se chegara a un acordo suficiente.

Tamén se acordou pedir o novo organigrama da empresa despois de que creara a corporación.

Acordouse solicitouse unha xuntanza urxente coa Dirección de Recursos Humanos e coa Dirección de TVG para tratar as vacantes que non están a ser cubertas dende as listaxes de contratación.

Tamén se acordou con 8 votos a favor e 3 en contra aprobouse que asuman as tarefas da Presidencia a Santiago Alvite e da Secretaría a Raimundo Méndez no 2016 invertíndose as funcións no 2017.



Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2016

mércores, 9 de decembro de 2015

A MAIORÍA DO COMITÉ REXEITA A GRAVACIÓN DOS PLENOS PROPOSTA POR COMISIÓNS


Na xuntanza do día de hoxe do Comité de San Marcos a CIG, UXT e USO rexeitaron a proposta de CCOO de que se gravaran os plenos do Comité co fin de dar transparencia dos debates xerados nas xuntanzas. A CUT abstívose.

Nesta xuntanza a CIG trouxo unha proposta que finalmente retirou por falta de acordo na que se quería limitar os temas que se podían gravar e o tempo que tiñan que conservarse as gravacións.

Dende CCOO creemos que este era o último obxectivo que se perseguía dende un comezo polas seccións que votaron en contra; conseguir limitar o coñecemento que teñen os traballadores das posicións que se toman en cada asunto tratado.

A CUT despois de rexeitarse a proposta de gravación dos plenos rexeitou formar parte da Comisión Xestora que ven facendo as funcións da Presidencia e Secretaría ao non haber o consenso suficiente para designar os membros que tomen posesión dos cargos .

Despois votouse o regulamento do Comité que se aprobou por maioría votando a favor CIG, UXT e USO, en contra a CUT e a abstención de Comisións. Dende a sección sindical non o apoiamos porque entendemos que ao non incluírse no regulamento un artigo que obrigue a rexistrar por medios dixitais os plenos dita normativa queda incompleta. De tódolos xeitos non estamos en contra do resto dos artigos que se recollen, xa que traballamos de xeito activo nel co fin de ter un sistema de funcionamento organizado.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2015

xoves, 29 de outubro de 2015

ACORDO COA EMPRESA NA COMPENSACIÓN DE FESTIVOS


A sección sindical pide unha xuntanza da Área Pública
Na xuntanza do día de hoxe do Comité Intercentros acordouse coa empresa que os festivos traballados polos traballadores/as dende o 1 de setembro ata o 31 de decembro serán desfrutados do seguinte xeito por todos independentemente dos días que xa traballaran:

  • Os dous primeiros festivos teráse a opción de cobralos íntegramente ou cobrar un día e librar outro.

  • Os seguintes póndese cobrar integramente, cobrar un día e librar outro ou pedir dous días libres de compensación.

Pola parte social pedíuse a empresa que se pronunciara sobre a devolución de días de asuntos propios, asuntos propios por antigüidade e días de vacacións por antigüidade. Dende CCOO entendemos que a de aplicación da devolución é de recibo cando por lei se nos recurtaron. En virtude do acordo firmado por Xunta e sindicatos de trasposición do Real Decreto 10/2015 a empresa debe restituir eses días aos traballadores/as, uns días que dende RRHH só lles recoñecen aos integrantes da Compañía e non a TVG. Comisiós entende que para evitar discriminar a traballadores/as que están baixo un mesmo convenio colectivo debe ser de aplicación xeral a todos. A dirección de RRHH dixo que ía a estudar os tres casos por entedenlos distintos.

PETICIÓN DE CONVOCATORIA DA MESA XERAL DA FUNCIÓN PÚBLICA
A sección sindical de CCOO se dirixiu aso sindicato para que inste a convocatoria da Mesa da Xeral da Función Pública para que se inclua no acordo explícitamente a socidade mercantil Televisión de Galicia.


Tamén se abordou a xa vello tema do proceso de dixitalización do que a empresa quedou de ofrecer información no marco da xuntaza de clasificación profesional que se celebrará a máis tardar en dúas semanas.  

martes, 27 de outubro de 2015

FESTIVOS PENDENTES, RECUPERACIÓN DE DEREITOS E DIXITALIZACIÓN TEMAS URXENTES A DEBATER COA EMPRESA


Na xuntanza do día de hoxe do Comité Intercentros acordouse pedir unha reunión urxente coa empresa para que aclare cal será o criterio a aplicar para a compensación de festivos, xa que ata o momento non se pronunciou, aínda que xa houbo indicacións diferentes a algúns traballadores de como llos ían a compensar. Tamén se lle pide que comunique a decisión en canto a devolver os días de vacacións por antigüidade recurtados por decreto. Así mesmo se lle pedirá o proxecto de dixitalización que xa está recollido nos orzamentos previstos para o 2017.

Lactación e asuntos propios a paritaria.
Ante a solicitude de información por parte de varias traballadoras dos dereitos do permiso de lactación acordouse pedir unha convocatoria da Comisión Paritaria para aclarar como se desfrutan as hora de lactación acumuladas que se piden con cargo ao crédito horario, xa que hai sospeitas de que a empresa está a facer unha interpretación restritiva deste dereito. Tamén a recuperación dos días de asuntos propios ten que ver coa interprestación da aplicación do convenio que se debaterá nesa xuntanza.

Sen Comité de Seguridade e Saúde Laboral
Despois dos desencontros na creación da comisión debateuse sobre a composición de dito órgano. A postura de CCOO é clara: 8 membros, 4 de San Marcos e 4 das delegacións. USO, CIG e UXT entende que debe ser proporcional aos votos resultantes das elección sindicais, polo que UXT gañaría un representante que non ten e a CIG pasaría a ter dous. A CUT mantén unha postura igual a Comisións, que entende que é a interpretación que dende a nosa sección sindical lle parece correcta. CCOO mantén esta postura sen prexuízo de que se poida chegar a un acordo maioritario. Dende Comisión lamentamos a falla de acordo na creación deste comité que é fundamental para tratar aspectos fundamentais do traballo diario.

Director Xeral perenne

Outro dos puntos acordados foi o rexeitamento da modificación da Lei de Medios 9/20011 por disposición na Lei de Acompañamento dos Orzamentos na que mantén o Director Xeral da RTVG se non hai acordo no Parlamento o que na práctica supón unha pervivencia no cargo do actual director afín ao goberno do PP. Ante esta situación vaise a facer un comunicado oficial e estúdase a data para a convocatoria dunha mobilización. 

xoves, 15 de outubro de 2015

APRAZADA A PROPOSTA DE COMISIÓNS DE GRABAR AS XUNTANZAS DO COMITÉ DE SAN MARCOS

O pleno do Comité acordou aprazar a proposta de CCOO de gravar as xuntanzas do comité co fin de que calquera traballador as poida consultar e que deste xeito a transparencia sexa máxima. A petición de varios membros nunha próxima xuntanza Comisións proporá un regulamento que estableza un protocolo para gravar e custodiar as copias de cada xuntanza. Dende Comisións entendemos que esto non é máis que aprazar unha decisión a falla tomar unha postura clara a prol ou en contra desta proposta que xera moitas incomodidades no seo do Comité.

Tamén se acordou pedir unha reunión urxente con Recursos Humanos para tratar varios temas, entre eles os propostos por CCOO como son a inclusión de títulos de crédito nos programas de producción propia, tamén os informativos, xa que ata o de agora os únicos que reflicten os membros da dirección e compoñentes de equipo son os de producción externa ademáis de tratar as irregularidades cometidas nas nóminas dos traballadores/as con contratos en prácticas aos que a empresa lles reclama varios miles de euros despois de estarlles pagando de máis durante todo o ano ao non lles aplicar as reduccións nos salarios que lles correspondían.

Nesa xuntanza tamén se tratará o incremento de horas extras para cubrir vacantes o que limita a contratación de persoal que está nas listaxes de substitución e que a empresa lle aporte ao Comité información requerida hai meses a Dirección da RTVG sobre a situación dos colaboradores da Radio que se viron obrigados a facer os seus programas de xeito externo, a situación dos locutores de deportes que empregan medios da Radio pública e a función que están asumindo algún locutores como editores de informativos en TVG.


Asimesmo acordouse a creación dunha comisión para o seguemento da producción propia co fin de obter información sobre a portentaxe de contidos que se fan na RTVG e a consulta aos servizos xurídicos por parte das diferentes seccións sindicais do incumprimento de Lei de Medios pola cesión de parte de programas informativos a empresas alleas, en concreto o programa Boas Tardes, O que pasa aquí e tamén cesión do servizo de directos.

mércores, 30 de setembro de 2015

AS NÓMINAS E A APLICACIÓN DO NOVO CONVENIO



Na reunión mantida hoxe coa empresa, informounos sobre os seguintes puntos:


1.- Con respecto á aplicación do Convenio Colectivo no apartado retributivo dixo que, na nómina de setembro cobrariamos os atrasos correspondentes ao complemento de convenio (terceira paga prorrateada) e a compra da antigüidade (para quen non a tiña topeada), ata o 31 de agosto de 2015, así como a parte correspondente a setembro. A partires de outubro xa se cobrarían os conceptos estipulados no novo convenio colectivo.



2.- Con respecto á publicación do Convenio Colectivo en papel, a empresa informa que van tirar algúns exemplares para RR.HH. e os sindicatos, e que se facilitarán a quen non teña un acceso cómodo á Intranet da empresa, pero non para o conxunto dos traballadores e traballadoras. A parte social insistiu en que había que repartir exemplares a todos e todas.

3.- Con respecto aos asuntos propios, a parte social solicitou que se aplicaran os 6 que xa figuran no EBEP e que si era necesario se tivese unha Paritaria para aplicalo.




San Marcos a 30 de setembro de 2015

xoves, 17 de setembro de 2015

IRREGULARIDADES NAS BASES DE COTIZACIÓN DOS TRABALLADORES DA CRTVG



Nota informativa das Sección Sindicais de CIG, CCOO, UXT e USO. En relación coas irregularidades detectadas nas bases de cotización de traballadores e traballadoras da CRTVG, os sindicatos asinantes desta nota queremos aclarar o seguinte:

1º Hoxe, día 17 de setembro, tiñamos previsto celebrar unha xuntanza do Comité Intercentros na que iamos tratar este asunto, a instancias da CIG, para acordar unha vía de actuación que non cause prexuízos ao conxunto do persoal.

2º Ante a denuncia presentada unilateralmente pola CUT na Inspección de Traballo, os sindicatos que ficamos á marxe mantivemos unha xuntanza na que abordamos a posición das distintas asesorías xurídicas sobre aplicación por parte da CRTVG do Real Decreto-Lei 8/2010 e a Lei 39/2010, en relacións ás bases de cotización da Seguridade Social.

3º A opinión das nosas asesorías era recorrer á vía da presentación de conflito colectivo para interpretar a normativa a aplicar nestes conceptos. Esta vía dirimiría as diferenzas de criterio que puidésemos ter, sen que se puxera en cuestión a inclusión nas bases de cotización do mes de maio de 2010 de conceptos retributivos que coa denuncia poderían quedar excluídos e que repercutirían na rebaixa das bases de cotización. Aclarados os termos, esixiríamos á empresa a execución inmediata da sentenza ditada.

4º Lamentamos que a CUT, unha vez máis, se desmarque dunha actuación conxunta da parte social e aborde a cuestión en solitario. En todo caso agora toca agardar ao que determine a Inspección de Traballo, e en función diso decidiremos os pasos a seguir.


En San Marcos, a 17 de setembro de 2015