Na xuntanza do día de hoxe do Comité Intercentros coa
empresa Comisión Obreiras pediu que se publicase novamente as
listaxes de vacacións. Nunha primeira publicación faltaban máis de
medio cento de traballadores, e nun segunda seguen a faltar. Ademais
hai persoal ao que lle conceden os períodos de xeito que contradí o
convenio colectivo. Por exemplo hai boa parte traballadores que teñen
concedido o desfrute de vacacións por períodos inferiores a 5 días.
Mentres que no convenio se recolle que períodos inferiores a 5
xuntaranse a outro máis longo.
CCOO denunciou que esta é unha práctica habitual da
empresa para acentuar as desigualdades e permitir a algúns
traballadores/as acordar, de xeito pactado e oculto, con algúns
xefes de servizo días ou períodos que a compañeiros/as do mesmo
departamento e que teñen as mesmas funcións se lle rexeitan
sistematicamente, por exemplo no Nadal.
Comisións tamén pediu novamente que se publicaran os
horarios de todos o traballadores, unha petición que cursou hai máis
dun mes.
Se nun breve prazo duns días non se atenden estas
demandas a sección sindical de CCOO acudirá a inspección de
traballo a denunciar estas prácticas discriminatorias. A empresa
quedou muda ante a evidencia dos favoritismos.
Proceso
de acreditación de competencias.
A empresa asegurou que xa está feita a reserva de
crédito de 50 mil euros para poder asinar o convenio coa Consellería
de Educación para poder levar adiante o proceso de acreditación de
competencias que teñen pensado por en marcha en setembro.
Comité
de Clasificación Profesional.
As
portas da dixitalización e con meses de atraso a empresa asegurou
que vai convocar para este xoves o Comité de Clasificación
Profesional. Un primeiro paso para adaptar o cadro de persoal ao novo
reto ao que se enfronta a empresa e as traballadoras/es nun novo
escenario con novas atribucións.
Santiago
de Compostela, 20 de xuño de 2015