mércores, 8 de xuño de 2016

CAMIÑANDO CARA O CONSELLO DE INFORMATIVOS

CAMIÑANDO CARA O CONSELLO DE INFORMATIVOS

Tamén se pediu unha xuntanza coa empresa para que aclare as irregularidade nas listaxe de vacacións

Esta mañá o Comité Intercentros está previsto que se reúna co BNG dentro dunha xeira de xuntanzas que se solicitaron a todos os grupos políticos para que asuman o compromiso de lexislar para acadar unha televisión pública de calidade e que non estea suxeita aos cambios de aire políticos. Nesa xuntanza reivindicar unha modificación da blindaxe do director xeral, incluída nunha disposición adicional da Lei de Orzamentos da Xunta, a creación do Estatuto Profesional e o Consello de Informativos, a defensa da produción propia e a dotación dun orzamento suficiente para o desenvolvemento das súas funcións.

Tamén se acordou pedir unha xuntanza coa empresa para que explique as irregularidades que hai na listaxe de vacacións, que a xuízo de CCOO, son unha demostración da desigualdade que dende o departamento de Recursos Humanos se consinte aos diferentes xefes de departamento. Entre eles está a falla de 50 persoas que non saen nesa listaxe, e a de uns 90 que teñen concedidos períodos de xeito irregular que non se axustan ao convenio colectivo.





Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2016