xoves, 3 de marzo de 2016
Como sabes a vindeira semana celébrase o 8 de Marzo," Día Internacional da Muller" . A Secretaría da Muller da Federación de Servizos á Cidadanía vai a realizar unha xornada en Santiago da que che envío adxunto o programa, mais o manifesto de este ano. ACHÉGATE O TEU SINDICATO COMARCAL SE DESEXAS ANóTARTE Á XORNADA. TAMÉN PODERÁS RECOLLER ALÍ O TEU PRESENTE DE ESTE ANO.
Estimada compañeira:
A crise económica e social que se lle impuxo á sociedade española ten como especiais
destinatarias as mulleres. Nos padecemos os maiores rigores da hecatombe que afundiu a
economía e arruinou a vida de millóns de persoas, estragando os nosos proxectos vitais e
afastándonos da sociedade democrática.
Aos asañamentos da crise coas mulleres, parte máis debilitada da cadea produtiva e
desfavorecidas pola distribución do traballo, sumouse a virulencia coa que o Partido
Popular impuxo as súas doutrinas conservadoras en temas como a identidade de xénero,
os dereitos das mulleres ou atacando as políticas que, con certo criterio, permitiron
avanzar nestes anos de democracia política e social.
Hoxe, cando se produce un leve rebote da economía, con melloras de curto alcance, é
imprescindible que as mulleres se incorporen aos beneficios que disto puidesen obter,
facéndose presentes na reconstrución da sociedade democrática desde a perspectiva de
xénero e con decisión, pois cómpre que este tempo, que é novo e aberto aos xogos e as
dialécticas políticas, conten coas mulleres como protagonistas do que se está construíndo
de presente e futuro.
Os dereitos sociais, identitarios e de xénero, os dereitos democráticos, pasan
ineludiblemente por recompoñer a situación económica e laboral, atendendo ás
necesidades de millóns de persoas sen ingresos, en risco grave de exclusión social.
O emprego, elemento determinante
Os contratos temporais alcanzaron en Galicia o 92,61 % do total, mentres que os
indefinidos,a tempo completo, apenas supuxeron o 4,62 %.O incesante aumento de
persoas desempregadas, das que 125.517 son mulleres, o que constitúe o 53,8 % do paro
rexistrado. A taxa de actividade das mulleres é do 48,7 % e a taxa de emprego do 39,0 %,
o que representa unha brecha aproximada en relación cos homes de 10 e 9 puntos,
respectivamente. A diferenza entre os salarios medios anuais de mulleres e homes,
segundo a última Enquisa de estrutura salarial, foi de 5.264,34 euros: o salario medio
feminino foi o 76,6 % do masculino.
Os últimos sete anos foron difíciles para toda a poboación en xeral e para as mulleres en
particular. A crise económica púxose como escusa para levar a cabo políticas moi austeras
e reducir o incompleto estado de benestar español. A redución de servizos, de prestacións
e, obviamente, de empregos públicos maioritariamente femininos foi constante. Así, a
taxa de paro feminino seguiu sendo superior á masculina, cunha taxa de actividade
menor pois, aínda que se perden emprego públicos, uns minguan máis ca outros. Os
empregos socialmente vitais en sanidade, educación, asistencia social, orientación,
coidados ás persoas dependentes, atención cidadá e de administración, postos mormente
femininos, van a menos, mentres que os relativos ao control e a seguridade, onde
predominan os homes, mantéñense.
Mulleres protagonistas dun tempo novo
Esta situación é lamentable. Porén, o positivo, e por iso falamos do tempo das mulleres, é
que para dar solucións aos problemas hai que velos e, ata o de agora, os diagnosticos que
se facían erraban porque non recollían a posición das mulleres. Agora esta situación tense
en conta e por iso se adoptan determinadas medidas para tentar erradicar a brecha
laboral de xénero, así como a brecha salarial. Estes temas, xunto co acoso sexual e por
razón de sexo, non só foron elementos centrais nos programas das eleccións sindicais,
senón tamén nalgunhas das campañas dos partidos políticos de esquerdas nas últimas
eleccións xerais.
A atención sindical específica de FSC-CCOO ás cuestións de xénero e o seu compromiso
para erradicar a discriminación laboral das mulleres tamén contribuíu a conseguir que
Comisións Obreiras sexa a primeira organización nas eleccións sindicais.
O traballo cotián obsérvase na maior participación das mulleres na organización e no
aumento do número de delegadas sindicais. Nunha federación con sectores
tradicionalmente masculinos, como por exemplo o do transporte, aumentou catro puntos
a porcentaxe de delegadas obtido nas eleccións sindicais. Se en 2011 a proporción de
delegadas no ámbito de FSC-CCOO era do 31,25 %, na actualidade é do 33,35 %. E a
pesar da mellora, a incorporación de mulleres mantense como un reto ao que esta
Federación segue facendo fronte, pois a súa presenza é vital para cambiar a sociedade e
recuperar os dereitos que as políticas conservadoras destruíron.
Exemplos de loitas das mulleres que alcanzaron o éxito foron a redución da proposta de
cambio de lei do aborto de Gallardón, que mantivo os prazos; ou a visualización que
supuxo a manifestación do 7N do rexeitamento social contra o maltrato ás mulleres.
É tempo de recuperar e reconstruír dereitos
Neste tempo de recortes de dereitos e liberdades, en que trescentos sindicalistas están
axuizados por defenderen os dereitos laborais, cómpre manter unha resposta sostida no
tempo contra as leis represivas. As respostas están sendo moitas e variadas; algunhas son
as tradicionais, pero existen expresións novas e practicamente a maioría delas están
encabezadas por xente nova e mulleres, o que osixena a sociedade e a renova.
É o tempo de reivindicar e reconstruír todo aquilo que «a crise» lles arrebatou ás
mulleres, o momento de loitar por recuperar postos de traballo seguros e con garantías, o
momento de reclamar medidas que
permitan ás nosas parellas compartir o coidado da nosa familia e de esixir a recuperación
duns servizos públicos que garantan o coidado das persoas maiores, da infancia e das
persoas dependentes. E é o momento de dicir BASTA XA DE ASASINATOS e de
reclamar as medidas necesarias para a erradicación da violencia contra as mulleres… É O
TEMPO DAS MULLERES!
FSC-CCOO reafírmase no seu compromiso activo coas loitas das mulleres, co proxecto
dunha sociedade igualitaria e, en especial, con cantas manifestacións, actos e
intervencións se produzan para garantir a presenza de mulleres na acción sindical e a
loita política, con identidade, autonomía e visibilidade. Por iso chamamos á participación
de traballadoras e traballadores nos actos e manifestacións que se celebran en cada
Unión, para facer do 8 de Marzo outro día de loita na emancipación das mulleres, no
camiño cara ao recoñecemento de dereitos e identidade.
Ramiro Otero Rodríguez. Nuria Rodríguez Lema
Secretario Xeral FSC-G -CCOO Galicia. Secretaria da Muller FSC-G-CCOO
Etiquetas:
CCOO,
Igualdade,
Muller,
Santiago de Compostela,
traballadores
mércores, 2 de marzo de 2016
MAÑÁ DE ACORDOS NAS XUNTANZAS DOS COMITÉS
VACACIÓNS
O Comité de San Marcos acordou pedirlle a empresa os criterios que vai seguir para que o persoal colla as súas vacacións. Despois de que varios xefes de departamentos lles comunicaran ao persoal que teñen que facer as súas peticións entre xullo e agosto rexeitando a posibilidade de facelas noutros meses, incluso, como recolle o convenio, no período de entre xuño e outubro o Comité quere que a empresa de unhas directrices claras.
PROGRAMAS DA RADIO GALEGA PREVIO PAGO
Tamén se lle vai pedir que a dirección expoña cal é o protocolo que emprega a Radio Galega cando fai programas en exteriores, do tipo da Festa do Cocido de Lalín, polos que están a facturar aos concellos tarifas que arredor dos 3 mil euros. Dentro da información solicitada está cales son os concellos nos que se fixeron os programas e as contías facturadas.
BOLSEIROS/AS PRECARIOS/AS
O Comité tamén se interesa pola situación dos bolseiros que nalgúns casos están a ser o branco de sobrecarga de traballo por parte de xefes directos, sen motorización de persoal da empresa, chegando a facer horas a maiores das asignadas. Dende Comisións entendemos que isto favorece a precariedade coa que están a traballar estes compañeiros/as cos que en ocasións se está a facer substitucións encubertas. Esta situación xa se puxo en coñecemento da empresa que advertiu aos responsables destes bolseiros que desistiron da súa actitude uns días para volver a sobrecargar aos bolseiros/as. O Comité denunciará esta situación a dirección de Recursos Humanos.
¿CAMBIOS NAS DIRECCIÓNS DA CRTVG?
O Comité Intercentros acordou pedirlle información a empresa que cal vai ser o impacto na contratación da posta en marcha da corporación no organigrama da dirección. Dentro da política da empresa de reducir xefaturas pódense ver afectadas as interinidades de traballadores/as que están a cubrir as vacantes de persoal asignado a alta dirección.
IRREGULARIDADES COAS NÓMINAS
Tamén lle vai pedir a empresa que informe sobre as irregularidades no pagamento de salarios que afectou a persoal, aos que se lles ingresou cartos de máis e agora se lles está reclamando que o devolvan de diversos xeitos e individualmente. O Comité solicitará datos de cantos afectados hai e ver se hai posibilidade de que se aborde de xeito conxunto. Outra petición que se lle fará é que nas nóminas se inclúa a antigüidade dato que foi suprimido de xeito unilateral pola empresa.
Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2016
Etiquetas:
CCOO,
Comité Intercentros,
Comité San Marcos,
Televisión de Galicia
martes, 12 de xaneiro de 2016
ACORDO PARA A ROTACIÓN NA COMISIÓN DE XESTION DO COMITÉ DE SAN MARCOS E INTERCENTROS
Por 14 votos a favor e 5 en contra aprobáronse as
quendas da Comisión de Xestión correspondendo a Presidencia en
funcións para Carlos Juanatey de CCOO e a Secretaría para Manuel
Cereijo de USO.
O único sindicato que votou en contra foi a CUT que
entenden que é un xeito de perpetuar unha xestión que se vai facer
crónica en lugar de elixir os cargos que están vacantes dende xuño.
Para Comisións este é un acordo para xestionar o día
a día xa que o reparto de traballo o facía sempre a mesma persoa.
Isto non quere dicir que non se vaian a propoñer candidaturas se se
chegara a un acordo suficiente.
Tamén se acordou pedir o novo organigrama da empresa
despois de que creara a corporación.
Acordouse solicitouse unha xuntanza urxente coa
Dirección de Recursos Humanos e coa Dirección de TVG para tratar as
vacantes que non están a ser cubertas dende as listaxes de
contratación.
Tamén se acordou con 8 votos a favor e 3 en contra aprobouse que asuman
as tarefas da Presidencia a Santiago Alvite e da Secretaría a
Raimundo Méndez no 2016 invertíndose as funcións no 2017.
Santiago de
Compostela, 12 de xaneiro de 2016
Etiquetas:
CCOO,
Comité San Marcos,
CRTVG,
Galicia,
sindicatos,
Televisión de Galicia,
traballadores
xoves, 17 de decembro de 2015
O INTERCENTROS ACORDA PEDIR UNHA XUNTANZA COA EMPRESA PARA QUE EXPLIQUE COMO SE PAGA A COMPRA DE ANTIGÜIDADE
Na xuntanza do día de
hoxe do Comité Intercentros acordouse pedir unha reunión coa
empresa para que cambie o criterio que ten a hora de pagar as
nóminas. Ata o de agora a nóminas pagábanse en base a 30 días e
agora a empresa mudou o criterio de xeito unilateral e está a pagar
dependendo dos días que ten o mes. Ademais detectáronse diferenzas
no pago da compra de antigüidade aos traballadores que non teñen o
máximo. Na mesma xuntanza vaiselle pedir a empresa que explique cal
é o sistema que emprega para calcular o pago do complemento de
capacitación e permanencia laboral consolidado.
Santiago
de Compostela, 17 de decembro de 2015
Etiquetas:
CCOO,
CRTVG,
Galicia,
Recursos Humanos,
Santiago de Compostela,
Televisión de Galicia,
traballadores
xoves, 10 de decembro de 2015
ACORDADO O REXEITAMENTO DA LEI DE ACOMPAÑAMENTO QUE MANTÉN AO DIRECTOR XERAL
Na
xuntanza do día de hoxe do Comité Intercentros acordouse
face un
comunicado público de
rexeitamento
a aprobación do día 22 por
disposición na Lei de Acompañamento dos Orzamentos na que mantén o
Director Xeral da RTVG se non hai acordo no Parlamento o que na
práctica supón unha continuidade
no cargo do actual director afín ao goberno do PP. Tamén
se están a valorar medidas de desaprobación para levar adiante nas
vindeiras semanas.
Tamén
se tratou as irregularidades nas nóminas que a instancias da CUT se
están a producir, como diferencias na chamada “compra de
antigüidade” e o prorrateo da terceira paga. Quedou
pendente da valoración das asesorías xurídicas.
As
seccións sindicais están a estudar a supresión por parte da
empresa das axudas para estudos aos fillos dos traballadores
falecidos, un seguro que está vinculado aos recortes da Xunta en
materia de gasto social.
Santiago
de Compostela, 10 de decembro de 2015
Etiquetas:
CCOO,
Comité Intercentros,
CRTVG,
Santiago de Compostela,
Televisión de Galicia,
Xunta
mércores, 9 de decembro de 2015
A MAIORÍA DO COMITÉ REXEITA A GRAVACIÓN DOS PLENOS PROPOSTA POR COMISIÓNS
Na xuntanza do día de
hoxe do Comité de San Marcos a CIG, UXT e USO rexeitaron a proposta
de CCOO de que se gravaran os plenos do Comité co fin de dar
transparencia dos debates xerados nas xuntanzas. A CUT abstívose.
Nesta xuntanza a CIG
trouxo unha proposta que finalmente retirou por falta de acordo na
que se quería limitar os temas que se podían gravar e o tempo que
tiñan que conservarse as gravacións.
Dende CCOO creemos que
este era o último obxectivo que se perseguía dende un comezo polas
seccións que votaron en contra; conseguir limitar o coñecemento que
teñen os traballadores das posicións que se toman en cada asunto
tratado.
A CUT despois de
rexeitarse a proposta de gravación dos plenos rexeitou formar parte
da Comisión Xestora que ven facendo as funcións da Presidencia e
Secretaría ao non haber o consenso suficiente para designar os
membros que tomen posesión dos cargos .
Despois votouse o
regulamento do Comité que se aprobou por maioría votando a favor
CIG, UXT e USO, en contra a CUT e a abstención de Comisións. Dende
a sección sindical non o apoiamos porque entendemos que ao non
incluírse no regulamento un artigo que obrigue a rexistrar por
medios dixitais os plenos dita normativa queda incompleta. De tódolos
xeitos non estamos en contra do resto dos artigos que se recollen, xa
que traballamos de xeito activo nel co fin de ter un sistema de
funcionamento organizado.
Santiago
de Compostela, 9 de decembro de 2015
mércores, 2 de decembro de 2015
DÍA DE ACORDOS NO COMITÉ INTERCENTROS
DÍA
DE ACORDOS NO COMITÉ INTERCENTROS
- Pediráselle a empresa que corrixa os cálculos dos conceptos retributivos nas nóminas
- Primeiro paso para colaborar co Consello de Informativos de RTVE
- Rexeitamento do Mandato Marco
Na xuntanza do día de hoxe do Comité Intercentros
acordouse pedir por escrito a corrección dos conceptos retributivos
das nóminas a empresa. Dende Recursos Humanos están a calcular o
pagamento mensual dependendo dos días que ten o mes e non en base a
30 días como viña sendo normal. Isto provoca, primeiro, unha
discriminación cos compañeiros/as contratados que ven minguados o
seus soldos en función do mes no que traballen, e segundo, malia que
non se note tamén afecta ao persoal fixo. Por un lado hai unha
diminución de entre 1 e 2 euros na nóminas mensuais e hai tamén
diminución de entre 14 e 16 euros ao mes no complemento específico
de convenio que se calculou co mesmo procedemento e que xa é fixo
dende que se incorporou no novo Convenio Colectivo.
Deuse un primeiro paso para comezar a consecución dun
Consello de Informativos na RTVG. Para iso o Comité vai solicitar
un achegamento ao Consello de Informativos de RTVE cos traballadores
da CRTVG para coñecer de primeira man como é o seu funcionamento e
como é o impacto deste órgano no traballo diario.
A proposta de CCOO o Comité elaborou unha resposta
conxunta de rexeitamento ante a aprobación en solitario por parte do
PP no Parlamento de Galicia do Mandato Marco. Una lei que non garante
a prestación dun servizo público de calidade, non establece medidas
para asegurar a pluralidade e imparcialidade dos informativos, nin o
unhas bases para a divulgación da lingua e a cultura galegas.
Santiago
de Compostela, 2 de decembro de 2015
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
