Desde CCOO levamos
anos reclamando á empresa un exercicio de transparencia e unha
xestión eficiente dos recursos públicos que, ao noso entender, non
se está a reflectir en todos os aspectos empresariais, por exemplo
nos datos das audiencias dos programas da grella e o custe das
producións alleas, exteriorizacións, etc. Así como na asignación
arbitraria dos complementos salariais regulados no Convenio
Colectivo. En aras desa transparencia e para clarificar a información
sobre os custos sindicais que a empresa publicou na web, CCOO quere
dar a coñecer a todas as traballadoras e traballadores da empresa a
situación da súa representación sindical na empresa.
CCOO ten na CRTVG
catro representantes electos no comité de empresa único da CRTVG en
San Marcos, do que unha é tamén delegada sindical e, a maiores,
outro delegado sindical. Esta representación non seu conxunto
outórgalle unha dispoñibilidade de 4.400 horas sindicais, que se
distribúen internamente na Sección Sindical do seguinte xeito:
- 1650 horas para a
liberación de Enrique Rodríguez Marcos, para a atención da Sección
Sindical, control da información entregada pola empresa (copias
básicas, incidencias de nómina, etc.) así como a participación no
Comité de Seguridade e Saúde Laboral como delegado de prevención
da empresa.
- 1650 horas para a
liberación de Teté Pérez Pardo, Secretaria Xeral da Sección
Sindical de CCOO na CRTVG, para a participación no comité da CRTVG
en San Marcos, na Comisión Paritaria de Vixilancia e Interpretación
do Convenio Colectivo, e a asistencia como delegada sindical ao resto
de órganos de representación sindical. Ademais do traballo como
responsable do Sector de Medios de Comunicación de Galicia de CCOO.
- 1100 horas para a
súa distribución entre o resto de representación nos seus
distintos ámbitos:
Carlos Juanatey Silva,
membro do Comité de empresa da CRTVG en San Marcos, membro do
Comité Intercentros da CRTVG, membro da Comisión Paritaria, membro
da Comisión para Nova Clasificación Pofesional.
Jesús Domínguez
Lama, membro do Comité de empresa da CRTVG en San Marcos, membro da
Comisión de Xestión de Listaxes de Contratación, xestión da
páxina web e redes sociais da Sección Sindical.
Javier López Quian,
membro do Comité de empresa da CRTVG en San Marcos, membro do
Comité Intercentros da CRTVG.