mércores, 1 de marzo de 2017

MAÑÁ DE ACORDOS NO INTERCENTROS


Na xuntanza do día de hoxe do Comité Intercentros acordouse pedirlle a empresa que comunique o traslado temporal de traballadores para cubrir baixas nas delegacións, unhas adscricións temporais que nalgúns casos fanse de xeito arbitrario. O Comité tamén lle vai pedir información dos cambios de quenda entre traballadores, que agora se está a facer entre os distintos centros de traballo da CRTVG e a actualización dos permisos de maternidade e paternidade que ampliaron os seus prazos e as traballadoras e traballadores teñen que presentar formularios adicionais xa que os novos permisos non están ao día no portal de incidencias informáticas. En canto ao aumento de coordinadores no departamento de informativos da TVG vaise pedir que a empresa concrete as funcións que fai cada un, xa que ven de aumentar o número de redactores xefes.

Fora xa do Comité os distintos representantes acordamos pedirlle de xeito urxente a empresa unha xuntanza para tratar a clasificación profesional despois de 8 meses sen convocar a comisión creada para tal efecto.



Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2017

venres, 24 de febreiro de 2017

PROGRAMCIÓN CONTINUISTA, PROBAS DE STREAMING NA RADIO E CORRESPONSALÍA EN OPORTO





Na xuntanza do día de hoxe do Comité de San Marcos cos Directora de División da Radio Televisión, Rosa Vilas, tratouse a nova programación, que seguirá sen novidade agás dunha nova reformulación dun programa que se vai gravar a partir da semana que ven chamado As Luces. Serán 13 programas que aínda non se sabe en que franxa se van emitir e que presentará Xosé Carlos Caneiro, a través dunha contratación artística, xustificado por Rosa Vilas por ser un persoeiro que aporta valor engadido. Dende a parte social reclamouse que se de a oportunidade as traballadoras e traballadores da casa a presentar este tipo de programas.

Na radio a partir do seis de marzo comezará en streaming a retransmisión do programa a A Tarde na radio. Un proxecto piloto que será a proba para despois facer extensible a máis programación. Despois de que CRTVG quixera comezar a emitir tres programas e o malestar dun grupo de traballadores pola falla de previsión e comunicación dos procedementos que se van seguir nas retransmisións en streaming, procedeuse a facer esta proba contando coa voluntariedade do equipo de A Tarde.


A comezos de marzo tamén está previsto que comece a traballar en Oporto como correspondente Alfonso Pérez Caneiro ao abeiro do convenio asinado entre a CRTVG e a RTP para colaborar en proxectos comúns como a serie Vidago Palace.

mércores, 25 de xaneiro de 2017

CAMBIO DE CRITERIOS NA READMSIÓN DE DESPEDIDOS


Na xuntanza do día de hoxe do Comité Intercentros acordouse pedir unha xuntanza coa empresa para que aclare cales son os criterios cos que está a tratar os despedimentos improcedentes. Ata o momento o que facía era pagar a indemnización, pero nun caso recente readmitiu a unha persoas, polo que a parte social esixe unha explicación deste cambio de actitude e solicitará un trato igualitario para todas a traballadoras e traballadores.

Asuntos propios.
Tamén se acordou pedirlle a empresa unha resposta concreta sobre as solicitudes de asuntos propios. En novembro fíxose unha proposta pola parte social para limitar o tempo de resposta as peticións de asuntos particulares por parte dos xefes de departamento, unha resposta que aínda estamos a esperar.


venres, 25 de novembro de 2016

COMPROMISO COA TRANSPARENCIA

Desde CCOO levamos anos reclamando á empresa un exercicio de transparencia e unha xestión eficiente dos recursos públicos que, ao noso entender, non se está a reflectir en todos os aspectos empresariais, por exemplo nos datos das audiencias dos programas da grella e o custe das producións alleas, exteriorizacións, etc. Así como na asignación arbitraria dos complementos salariais regulados no Convenio Colectivo. En aras desa transparencia e para clarificar a información sobre os custos sindicais que a empresa publicou na web, CCOO quere dar a coñecer a todas as traballadoras e traballadores da empresa a situación da súa representación sindical na empresa.

CCOO ten na CRTVG catro representantes electos no comité de empresa único da CRTVG en San Marcos, do que unha é tamén delegada sindical e, a maiores, outro delegado sindical. Esta representación non seu conxunto outórgalle unha dispoñibilidade de 4.400 horas sindicais, que se distribúen internamente na Sección Sindical do seguinte xeito:

- 1650 horas para a liberación de Enrique Rodríguez Marcos, para a atención da Sección Sindical, control da información entregada pola empresa (copias básicas, incidencias de nómina, etc.) así como a participación no Comité de Seguridade e Saúde Laboral como delegado de prevención da empresa.

- 1650 horas para a liberación de Teté Pérez Pardo, Secretaria Xeral da Sección Sindical de CCOO na CRTVG, para a participación no comité da CRTVG en San Marcos, na Comisión Paritaria de Vixilancia e Interpretación do Convenio Colectivo, e a asistencia como delegada sindical ao resto de órganos de representación sindical. Ademais do traballo como responsable do Sector de Medios de Comunicación de Galicia de CCOO.

- 1100 horas para a súa distribución entre o resto de representación nos seus distintos ámbitos:

  • Carlos Juanatey Silva, membro do Comité de empresa da CRTVG en San Marcos, membro do Comité Intercentros da CRTVG, membro da Comisión Paritaria, membro da Comisión para Nova Clasificación Pofesional.
  • Jesús Domínguez Lama, membro do Comité de empresa da CRTVG en San Marcos, membro da Comisión de Xestión de Listaxes de Contratación, xestión da páxina web e redes sociais da Sección Sindical.
  • Javier López Quian, membro do Comité de empresa da CRTVG en San Marcos, membro do Comité Intercentros da CRTVG.


luns, 7 de novembro de 2016

Cuadro explicativo do que hai que facer para inscribirse no proceso de acreditación de compentencias





A EMPRESA INCUMPRE O CONVENIO AO NON CONVOCAR A COMISIÓN PARITARIA

Na xuntanza do día de hoxe do Comité de San Marcos tratouse a negativa da empresa a convocar a Comisión Paritaria para tratar a contratación de axudantes de realización para cargar as cintas nos vídeos do control de realización. Acordouse instar de forma urxente  que a CRTVG se sente a falar coa representación sindical.

Tamén se lle vai a pedir a RRHH que resolva o exceso de horas que fan os condutores, que xa levan superadas as 90 horas de complemento especial libranza, ampliando a contratación.





Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2015

xoves, 27 de outubro de 2016

Reclamación dos contratos temporais


Despois da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza da Unión Europea sobre a contratación temporal que equipara a indemnización por despedimento cos traballadores fixos, dende Comisións Obreiras convocamos aos traballadores e traballadoras que queiran a pasar pola sección sindical para informarse nos seguintes días.

LUNS DÍA 3 DE NOVEMBRO mañás de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00
LUNS DÍA 7 DE NOVEMBRO mañás de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00
XOVES 10 DE NOVEMBRO mañás de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00