venres, 25 de maio de 2012
COMISIÓN DE FORMACIÓN. 10 MAIO 2012
ORDE DO DÍA: 1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior (axúntase) 2.- Cursos en desenvolvemento 3.- Cursos inmediatos 4.- Entrega de información sobre o estado actual de bolseiros 5.- Rogos e preguntas
1.- Cursos en realización: Autocad II. Ten moi poucos alumnos (3).
Emisión de audio desde o exterior. RG. Nas 4 delegacións e en San Marcos. Grupos de 3.
2.- Queda convocado o curso de Tratamento de información económica.
3.- Hai problemas para realizar cursos, porque non se dispón de aulas, prevese que queden libres en poucos días.
4.- En xuño (a segunda quincena) comezará un curso de PowerPoint. O de Excel quedará para despois do veran. Están pendentes de traer os ordenadores, que son imprescindibles para o curso. O curso será impartido por Adecco, pero aínda non está pechado con eles. Os cursos de Excel e PowerPoint non serán "online", senón presenciais.
5.- Está previsto un curso de pintura para os colectivos de electricistas e mantemento. Polas características do curso, non poderá ser realizado en San Marcos.
6.- Entrega da relación de bolseiros con seu correspondente “responsable de acollida”.
O titor, que é Paulino Novo, descoñece que os bolseiros saian a cubrir informacións relevantes con reporteiros gráficos, si isto sucede, haberá que explicar “casos concretos”.
mércores, 23 de maio de 2012
REUNIÓN DO COMITÉ DE EMPRESA DE TVG. 14 de maio de 2012
REUNIÓN DO COMITÉ DE EMPRESA DE TVG
14 de maio de 2012
Nesta xuntanza extraordinaria do Comité de TVG, a
solicitude de CCOO, tratouse o seguinte:
1.- A Sección Sindical de CCOO solicitou esta xuntanza extraordinaria para tratar o asunto da rectificación, no Galicia Noticias do 4 de maio, para “aclarar” que o bar que aparecía nas imaxes dunha nova non tiña relación coa mesma.
A noticia rectificada con esa “aclaración” é a titulada “Droga Culleredo”, 8ª na escaleta emitida ás 14h05. Relata a denuncia de habitantes dun bloque de vivendas contra os veciños dun dos pisos, porque –segundo contan- venden droga.
A información visual da noticia é coma a da maioría das novas dese informativo: a imaxe das testemuñas, a
localización do problema (edificio), a do contorno (rúa),.. Nos setenta e nove_segundos que dura a noticia en ningún instante se destaca, nin se ve, nin se distingue a imaxe dun bar. O relato en off e as testemuñas tampouco citan en ningún momento ningún bar.
Esta Sección Sindical recolleu de fontes directas a explicación sobre o sucedido: Desde a dirección de informativos, en plena emisión do espazo, telefonouse ao director do programa para dicirlle que tiña que emitir no mesmo esa rectificación da noticia. A argumentación foi que chamara a propiedade dun bar pedíndoa, xa que no seu negocio non tiña relación coa noticia relatada.
Consideracións:
1.-A xefa de Informativos desprestixia o bo traballo e esforzo de profesionais dese Servizo sen ningún tipo
de miramento. En consecuencia, desacredita e desprestixia esta Empresa sustentada cos impostos da cidadanía.
2-A xefa de Informativos non ve a emisión dos programas elaborados nese departamento. É máis; nin sequera ve a noticia en cuestión antes de ordenar a rectificación. Se a tivera mirado e escoitado, non perdería o tempo outorgándolle valor a unha demanda absurda e dando ordes descabelladas .
3.-Con esa decisión extraña, a xefa de Informativos establece un precedente negativo para que quen queira, e sen razón, esixa que rectifiquemos o que lle dea a gana. Sen embargo, á vista dos acontecementos nos últimos tempos, cando a realidade si esixe rectificación, non a ordena.
4.- Aos reiterados casos de manipulación informativa (caso Campión, folga xeral, marcha do Comité Interempresas contra a represión e a manipulación, etc.) denunciados polos Comités e algúns na
prensa, á discriminación profesional (Mentres a uns xornalistas case non se lles asigna traballo, outros/as
están sobrecargados/as) practicada a cotío no desenvolvemento do traballo na redacción de Informativos
e á realización de entrevistas a altos cargos da Xunta sen participación de xornalista da Casa engádese agora este despropósito, inédito na profesión .
5.- A xestión da xefa de Informativos evidencia que non ten interese ningún e/ou non está cualificada para
desenvolver a súa responsabilidade coa eficacia e equidade que require esta empresa pública de comunicación.
Cremos que xa van excesivas falcatruadas. Estes feitos afastan máis aos Servizos Informativos do obxectivo de
conseguir unha TVG auténticamente democrática e de servizo público, que difunda información veraz, imparcial e
plural.
Polo tanto, propoñemos a este comité que solicite a quen corresponda que a destitúa do cargo. É evidente que a actual xefa de Informativos é incapaz ou non ten ningún interese en exercer tal responsabilidade nas condicións que esta Empresa Pública require.
Vótase a proposta de CCOO:
A favor da proposta..............1 - (CCOO)
En contra da proposta...........1 - (USO)
Abstencións..........................11 - (4 CUT, 3 CIG,
2 USO, 1 UXT, 1 SXG)
venres, 11 de maio de 2012
REUNIÓN DO COMITÉ DE EMPRESA DE TVG. 8 de maio de 2012
REUNIÓN DO COMITÉ DE EMPRESA DE TVG. 8 de maio de 2012
Nesta xuntanza o Comité de TVG tratou os seguintes asuntos:
1.- A presidencia distribúe a copia dunha resolución da
Inspección de Traballo como consecuencia da denuncia de que
houbo persoal que excedeu o legal de oitenta horas extras.
Inspección resolve “estender requirimento” (non sanciona) ao
considerar que o exceso (de 1 a 4 horas máis das oitenta legais) é
de pouca transcendencia.
En todo caso, reiteramos que facer horas extra prexudica a
contratación de profesionais que están nas listaxes agardando
traballo.
2.-A presidencia informa dunha carta na que o operador de
cámara Carlos Castiñeiras solicita o amparo do Comité por trato
discriminatorio no desenvolvemento da súa actividade laboral.
Como xa se decidira nun pleno anterior, trasládase o asunto á
Comisión Paritaria para solicitarlle á Dirección da Empresa que
aclare cal é a situación do traballador e esixirlle que practique un
trato igualitario para este compañeiro e demais profesionais.
3.-Canto ao cumprimento do legalmente establecido para
persoal en prácticas, bolseiros e beneficiarios da Feuga, o
Comité agarda recibir de RRHH a lista dese persoal e manter a
observación sobre cómo se desenvolven na práctica esas. Trátase
de evitar que a Empresa utilice irregularmente ese colectivo en
substitución de profesionais que están, en desemprego, nas listaxes
de contratación.
4.-Esta Sección Sindical informa de que nos últimos minutos
do Galicia Noticias Mediodía do pasado día 4 de maio se rectificou
indebidamente unha noticia emitida once minutos antes no
mesmo espazo. Polos datos recollidos desde CCOO sobre este
feitos, consideramos que a xefa de informativos deu unha orde
descabellada ao pedir que se rectificara onde non había nada que
merecera tal exercicio. Estamos ante unha falcatruada inédita por
parte da xefatura de informativos que se engade á manipulación
reiterada (caso Campeón, tratamento da folga xeral, terxiversación
da marcha do Comité Interempresas contra a represión e a
manipulación, etc., etc.) e ao sectarismo aplicado a cotío na
xestión da redacción de Informativos. A sección sindical de
CCOO considera que xa son excesivas as anomalías que
evidencian a incapacidade da xefa de informativos para
desenvolver tal cargo cargo e pide que sexa destituída.
O asunto volverá tratarse noutra xuntanza do Comité, despois
de que a presidencia verifique o exposto hoxe sobre esa
rectificación absurda emitida nun horario no que habitualmente
esta canle logra a maior audiencia.
5.-Acordouse pedirlle por escrito á dirección que publique de
inmediato a listaxe de vacacións anuais, pois o prazo máximo
establecido para iso no Convenio foi o 15 de abril e nalgún
departamento aínda están sen confirmar as datas solicitadas polo
persoal.
6.-Como a Dirección segue sen mostrar o novo convenio con
Meteogalicia, acordouse que a presidencia o reclame outra vez,
previa a reclamación vía xudicial, para termos coñecemento directo
dese documento.
A próxima xuntanza do Comité de TVG quedou convocada para
o día 22 deste mes.
San Marcos, 8 de maio de 2012
SERVIZOS Á CIDADANÍA*Sección sindical de CCOO na CRTVG
Bando San Marcos, S/N
Santiago de
xoves, 26 de abril de 2012
JORNADA DE FORMACIÓN SINDICAL DE COMO ABORADAR LA DIVERSIDAD SEXUAL EN LA NEGOCIACIÓN COLECTIVA
Para reivindicar el 17 de mayo, Dia Internacional contra la LGTBfobia, dando
continuidad al trabajo que estamos realizando desde la FSC, os proponemos
una Jornada de Formación Sindical sobre cómo abordar la diversidad sexual en
la Negociación Colectiva.
Se celebrará en Madrid el próximo 16 de mayo.
El objetivo es dotarnos de herramientas contra la LGTBfobia en el entorno
laboral.
Con una duración aproximada de 7 horas, el contenido y horario del mismo es:
9,30 a 10h. Entrega de materiales y presentación del curso.
10 a 11’30h.: Repaso de terminología y conceptos: identidad, orientación y
práctica. Homosexualidad y Transexualidad. Distintos tipos de
homofobia/transfobia.
Lola Martín Romero. Socióloga y sexóloga. Autora de distintos estudios
sociológicos sobre la población LGTB. Formadora en temas de diversidad
sexual. Vocal de ADyG.
11’30 a 14h. Cómo integrar la diversidad sexual en la Negociación Colectiva.
Elaboración de cláusulas y fórmulas para que en los Convenios Colectivos y
en las Empresas se incluya la realidad LGTB.
Camino Aure Gracia. Secretaria de Política Social de la FSC-CCOO
16 a 19h. Cómo actuar ante situaciones de LGTBfobia. Herramientas para
sensibilizar en los centros de trabajo y erradicar la LGTBfobia.
Isidro García Nieto, trabajador social, terapeuta sexual y de pareja.
Especialista en intervención con la población LGTB.
Alberto Martín-Pérez Rodríguez, publicista y sexólogo, presidente ADyG
Para la realizacion del mismo disponemos de 20 plazas. Para su adjudicacion,
la preferencia es haber realizado el curso de nivel I y, el orden de
recepcion de las solicitudes.
Por favor, enviarme por correo electronico (caure@fsc.ccoo.es) los nombres
de las personas interesadas en realizar la Jornada y, conforme las vaya
recibiendo os remitire el modo de organizar los viajes y, si es necesario,
alojamiento.
El plazo es HASTA EL 4 DE MAYO!!!
Espero q sea de vuestro interes,
Un cordial saludo,
Camino
CONCENTRACIÓN DIANTE DO PARLAMENTO
O Comité Interempresas convocou unha concentración diante do Parlamento, o vindeiro venres 27 de abril ás 10,00 horas, con motivo da comparecencia do Director Xeral na Comisión de Control Parlamentario da CRTVG.
A concentración convócase para protestar pola persecución que o D.X. está a facer, contra traballadores, traballadoras e representantes sindicais, tras a ocupación das instalaciones da TVG por un grupo de afectados polas participacións preferentes das antigas Caixas de Aforros.
A Sección Sindical de CCOO apoia esta concentración e vos solicita a vosa asistencia á mesma.
Un saúdo,
Sección Sindical de CCOO na CRTVG
NON Á PROVATIZACIÓN DAS TELEVISIÓNS PÚBLICAS
Non á privatización das televisións públicas
O PP flexibiliza os modo s de xestión da s televi sións
autonómica s públicas
O Consello de Ministros celebrado o pasado venres vai enviar
ás Cortes xerais un proxecto de lei para modificar a Lei xeral do
audiovisual. Con isto pretenden que os distintos gobernos
autónomos poidan privatizar ou pechar as súas respectivas
televisións públicas.
Á espera dunha análise máis extensa dese borrador que ten
preparado o Goberno do PP, para Comisións Obreiras supón un
atentado directo á liberdade de información, recollida no artigo 20
da Constitución e no noso Estatuto de Autonomía.
Esta decisión enmarcaríase nos ataques que o Goberno de
Rajoy vén lanzando a todos os servizos públicos esenciais
(sanidade, educación, etc.), e a televisión pública tamén o é. Se o
peche dun medio de comunicación sempre é unha perda de
liberdade e democracia, cuestionar a existencia das televisións
públicas vai na liña autoritaria do «pensamento único», de non
consentir a lexítima disidencia e de non garantir o acceso da
cidadanía a uns medios que son seus e que pagan cos seus
impostos.
Esta lei pretende externalizar todas as áreas de produción da
televisión e, en especial, quere facelo cos servizos informativos coa
conseguinte perda de pluralidade, independencia e liberdade que
iso supón para a cidadanía.
Hai que dicir non a esta forma de facer política contra os
intereses xerais de traballadores e traballadoras, de pensionistas,
da cidadanía, dos e das estudantes, dos máis débiles…
Comisións Obreiras rexeita este borrador contra as televisións
públicas por privatizador e reaccionario. Farase unha análise no
sector estatal de medios de comunicación para dar unha resposta
contundente e unitaria.
Comisións Obreiras da CRTVG, pon por riba de todo o servizo
público, a súa defensa e a continuidade dos nosos postos de
traballo.
Seguiremos informando
XUNTANZA DO COMITÉ DE E. DE TVG, 17 de abril de 2012
XUNTANZA DO COMITÉ DE E. DE TVG
17 de abril de 2012
Nesta reunión tratáronse os seguintes asuntos:
1.- Esta sección sindical, atendendo ao interesado que pide o amparo do
Comité, expón a discriminación que sofre o operador de cámara Carlos Castiñeiras
no desenvolvemento do seu traballo. Logo de explicar polo miúdo a situación, o
Comité de Empresa acorda trasladar o problema á Comisión Paritaria. O obxectivo
é que a Dirección aclare de quen partiu a decisión de apartar a este compañeiro
das retransmisións e que xustifique tal decisión.
2.- Tamén por iniciativa de CCOO debateuse sobre a aplicación das medidas de
Seguridade e Saúde Laboral a partir das declaracións, chocantes nalgúns
aspectos, que fixeron responsables de produción en acto xudicial celebrado
recentemente. O Comité decide comunicalo á Comisión específica para que se
estableza o protocolo de actuación nesa materia en retransmisións e se delimiten
responsabilidades na aplicación do mesmo. O que se busca é que estea ben claro
quen ten a responsabilidade de aplicar as medidas de protección, incluída a
distribución ou reparto dos elementos necesarios.
3.- Trasladar á Comisión Paritaria a proposta do SXG sobre cuestións
derivadas da eliminación da comida subvencionada que afectan especialmente á
quenda da fin de semana: se é posible saír do centro de traballo para comer, en qué
hora se pode facer uso do tempo dispoñible para xantar, …Pídese que a acta desa
reunión recolla claramente a resposta da Empresa e que se exhiba no taboleiro.
4.- CCOO pide que conste na acta desta reunión a reprobación do Comité á
maneira en que se informou do desenvolvemento da folga xeral e das
manifestacións do 29M: un tratamento, en imaxes e comentarios, tendencioso e
criminalizador da actividade dos piquetes; cómo se informou das manifestación; ónde
se emplazaron os directos, etc
En definitiva; unha evidencia máis da utilización partidista que esta Dirección
está a facer dos Informativos.
Comparamos co distinto tratamento que se lle deu no Telexornal á anterior
folga xeral (29S de 2010) na que se protestou contra a reforma laboral que aplicara o
goberno de Zapatero.
5.- Esta sección sindical tamén expresou o pedimento de que as convocatorias
de concentracións de protestas e outras accións en xornada laboral se convoquen a
unha hora na que poida participar o maior número posible de traballadores/as. A
conclusión é que nunha hora ou noutra sempre hai persoal que non pode acudir por
obriga laboral.
6.- A USO aclara que desa sección non partiu a filtración a Galicia
Confidencial dunha nota que non contaba coa aprobación de toda a representación
sindical.
7.- A próxima xuntanza do Comité de TVG quedou convocada para o día 8 de
maio.
SERVIZOS Á CIDADANÍA * SECCIÓN SINDICAL DE CCOO NA CRTVG
San Marcos, 17 de abril de 2012
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
