Resposta
unánime contra o apercibimento dunha traballadora
O
Comité de San Marco rexeitouse por unanimidade a pretensión de RRHH
de non conceder vacacións en decembro no departamento de
informativos. Acordouse transmitirlle
a empresa o rexeitamento da proposta de non conceder vacacións
durante a tempada de Nadal. Esixirlle a RRHH que cumpra o artigo 40
do Convenio Colectivo, que non caso de denegar a vacacións se
argumente por escrito, que se estableza un porcentaxe e que se rote
se hai coincidencias en anos sucesivos, que no tocante a concesión
de vacacións en períodos inferiores a 5 días a parte social non se
opón sempre que sexa para todos os traballadores e traballadoras por
igual, que se hai problemas para xestionar a través da ferramenta
informática as vacacións se soliciten con formularios por escrito.
Tamén
de xeito unánime se opuxo o Comité ao apercibimento por escrito
dunha compañeira de CCOO polo emprego de tres planos onde saída a
redacción da TVG nunha información sobre o síndrome post
vacacional. E presentouse un escrito a dirección de RRHH de onde se
enviou a notificación, a Direción Xeral de onde saíu a orde e ao
Consello de Administración.
Despois
de ter coñecemento do escrito enviado por vostede a Dona DGC dende o
Comité de San Marcos
SOLICITAMOS:
Que
a dirección de Recursos Humanos aclare se dito escrito é un
apercibimento recollido dentro do Convenio Colectivo no artigo 92
correspondente a unha falta leve.
Do
mesmo xeito queremos deixar constancia de que:
1.-
Nin dende a dirección do programa Galicia Noticias, nin dende a
dirección do departamento de Informativos se lle notificou queixa
algunha pola elaboración da información a Dona
DGC, departamento directamente competente
na materia que nos ocupa.
2.-
Non existe ningunha instrución
por parte da CRTVG para o uso das imaxes gravadas na redacción ou en
calquera outra instalación para a elaboración de pezas
informativas.
3.-
Solicitamos que se dean instrucións
por escrito, claras e sen que poida haber interpretación a hora de
empregar as imaxes da Corporación. Describindo quen as pode empregar
e cando. En que informacións e baixo a autorización de que
dirección. Isto que non deixa de ser unha anécdota pode carrexar
problemas importantes no futuro para máis traballadores e
traballadoras. Aproveitamos tamén para lembrarlles que na
Corporación non existe un Manual de Estilo, nin Estatuto Profesional
que regule o tratamento informativo e unhas normas claras polas que
se deban rexer os traballadores e traballadoras.
4.-
A inclusión de traballadoras e traballadores facendo as súa tarefas
cotiás emprégase de xeito xeneralizado nas distintas pezas
informativas que se elaboran a diario na redacción, xa sexa para
falar do síndrome post vacacional, para a adición a Internet ou
calquera outra información a miúdo que presenta dificultades para
ilustrar graficamente o que se está a contar no texto.
5.-
A información elaborada por Dona DGC
non induce a erro ningún na mensaxe que se está a tratar que é a
síndrome post vacacional un cadro de estrés ou fatiga que sofren
algunhas persoas so volver das vacacións. Afirmar que hai un emprego
mais aló da intención de informar é, ademais de incorrecto, unha
falla de respecto a profesionalidade desta traballadora que leva 17
anos sacando adiante un programa con contidos de moi difícil
elaboración.
6.-
Este é con diferencia un asunto menor fronte a problemas reais que
sí prexudican a reputación da CRTVG. Non hai máis que botar unha
ollada as repetidas queixas sobre a manipulación informativa que
dende distintos eidos se denuncian e que ven sendo, lamentablemente,
un tema recorrente nas comparecencias do director xeral na Comisión
da CRTVG no Parlamento.
7.-
Na mesma información saen traballadores doutras empresas como é un
repartidor dunha empresa de transporte ou un camareiro dun bar e non
por iso consideramos que se está danando a súa imaxe.
8.-
Constatamos e subliñamos que Dona DGC
sempre é dilixente no seu traballo, tanto no se que se refire a
CRTVG, como a calquera outro aspecto que afecte a persoas, empresas
ou entidades. A súa honorabilidade e ética profesional está fora
de toda dúbida.
9.-
De ser considerado falta leve advertimos de que non se cumpriu o
procedemento regulado no convenio polo que o apercibimento é
totalmente improcedente, ademais de non estar tipificado dentro do
regulamento. E de non ser considerado como sanción vemos de todo
fora de lugar que dende o departamento de Recursos Humanos se emita
un xuízo de valor sobre un contido puramente informativo, sendo o
departamento competente a dirección de Informativos.