Na xuntanza do día de hoxe do Comité Intercentros
acordouse pedir unha xuntanza coa empresa para que aclare cales son
os criterios cos que está a tratar os despedimentos improcedentes.
Ata o momento o que facía era pagar a indemnización, pero nun caso
recente readmitiu a unha persoas, polo que a parte social esixe unha
explicación deste cambio de actitude e solicitará un trato
igualitario para todas a traballadoras e traballadores.
Asuntos
propios.
Tamén se acordou pedirlle a empresa unha resposta
concreta sobre as solicitudes de asuntos propios. En novembro fíxose
unha proposta pola parte social para limitar o tempo de resposta as
peticións de asuntos particulares por parte dos xefes de
departamento, unha resposta que aínda estamos a esperar.