venres, 22 de febreiro de 2013

Actualización de información sobre a Negociación Colectiva

Nas asembleas celebradas para informar da Negociación Colectiva (N.C.), os traballadores e traballadoras decidiron, por una importante maioría, que o Comité Interempresas (C.I.) realizara as actuacións necesarias para obrigar á empresa a sentarse na mesa negociadora co Comité e non cos sindicatos. Asumido este mandato por todos os sindicatos presentes no C.I., solicitouse da empresa que asumira a decisión maioritaria, cousa que rexeitou alegando que a mesa xa estaba constituída por quen eles entendían que estaban lexitimados para negociar e ante a posición de tres forzas sindicais (CIG, USO e UXT) que, pese a asumir o mandato das asembleas, compartían que a lexitimidade para a negociación estaba nos sindicatos e non no C.I. Con esta posición, que debilitaba notablemente a pretensión do Interempresas, este acordou, por 6 votos a favor (CUT-4, CCOO-1 e UXT-1) e 5 abstencións (CIG-3, UXT-1 e USO-1), solicitar unha arbitraxe ao Consello Galego de Relacións Laborais para que dirimise as diferencias sobre a lexitimidade na N.C.. Esta arbitraxe foi rexeitada pola dirección da empresa aludindo a que a mesa negociadora estaba constituída, como constaba nun acta da mesma que previamente asinaran os representantes dos tres sindicatos mencionados anteriormente, mesmo sen que a empresa atendera as correccións plantexadas polas outras dúas forzas presentes na mesa (CUT e CCOO) e sen convocar unha xuntanza para poder discutir estas correccións de xeito conxunto. Ante a negativa da empresa á arbitraxe, tan so lle quedaba ao C.I. a reclamación pola vía xudicial, o que se plantexou, para a súa aprobación polo pleno, nunha reunión extraordinaria do Interempresas. Nesa reunión a posición de CCOO foi favorable ao recurso, por entender que o mandato das asembleas era facer o necesario para que o C.I. negociara o Convenio Colectivo (C.C.), pero aclarou que só cabería o recurso si o 80% dos membros do Comité aceptaba que fose este quen negociase (artigo 119.4.5.1 do C.C.), pois é o requisito inicial necesario para lexitimar ao Comité para a negociación. Nesa votación rexeitouse maioritariamente este recurso co resultado de 6 votos a favor de CUT (4), CCOO (1) e ARG (1) e 7 votos en contra de CIG (3), UXT (2) e USO (2). Os que votaron en contra alegaron que podería ser interpretado pola empresa como actuación de mala fe na N.C. e podería dar por rota a mesa negociadora ata que se resolvera a reclamación. Isto último quedaba blindado, ao noso entender, coa corrección da acta que propuxera a CUT na que constaba que, sobre a pregunta do asesor desa organización sindical de “que faría a empresa ante unha impugnación da constitución da mesa”, a empresa respondía na acta que seguiría coa negociación en tanto non tivera unha resolución xudicial. Esta acta corrixida, que botaba por terra a argumentación dos tres sindicatos que votaran en contra do recurso, foi rexeitada por estes para a súa sinatura, polo que a empresa engadiu na mesma que no momento da impugnación tomaría as decisións que a asesoría xurídica lle recomendase (que, aínda sendo máis fiel á resposta da empresa na reunión, empeoraba notablemente a pretensión do interempresas) e, nunha xuntanza posterior aclarou que si algún dos presentes na mesa negociadora presentaba ese recurso, rompería a mesma, cuestión que encaixaba perfectamente cos argumentos expresados polos sindicatos mencionados. Así as cousas CCOO entende inviable a posibilidade de recurso, polo que loitaremos por defender os intereses dos traballadores e traballadoras na N.C. desde unha posición firme como sindicato. Aproveitamos para solicitar que, se tedes algunha suxestión de cara á negociación do convenio, nola fagades chegar.