venres, 13 de xullo de 2012

UNETE A CONCENTRACIÓN DE HOXE CONTRA OS RECORTES

INFORMACIÓN SOBRE A COMISIÓN DE LISTAXES DE CONTRATACIÓN TEMPORAL.

Nunha reunión da Comisión de Xestión das Listaxes de Contratación Temporal mantida o pasado luns día 9 de xullo, os membros da parte social rexeitaron aprobar a proposta de regulamento sobre a contratación temporal presentada pola empresa. Dita proposta regulaba a exclusión temporal das listas daqueles traballadores e traballadoras que rexeitaran un número de chamamentos determinado ou non responderan ás chamadas realizadas pola División de Recursos Humanos. O documento proposto pola empresa foi valorado previamente pola parte social, quen asumiu por unanimidade o rexeitamento proposto por CCOO, ao entender que non existe ningún control por parte da representación legal dos traballadores e traballadoras, sobre o procedemento a seguir nos chamamentos e as causas de rexeitamento dos contratos, ou desatención das chamadas, que os aspirantes puideran alegar. Isto deixaría mans libres á empresa para excluír unilateralmente a determinadas persoas das listas e realizar así a elección do persoal contratado de maneira selectiva. Inexplicablemente á empresa volve á carga, convocando unha nova reunión para o venres ás 10,00 horas, co único punto na orde do día de valorar e acordar o devandito documento. En CCOO mantemos o rexeitamento á proposta da empresa e así nos manifestaremos na citada reunión, solicitándolles ás outras Seccións Sindicais que, no caso de que estiveran en disposición de aceptala, este regulamento fose sometido a unha asemblea de traballadores e traballadoras para a súa aprobación. Sección Sindical de CCOO na CRTVG - San Marcos a 11 de xullo de 2012

xoves, 5 de xullo de 2012

COMISIÓN DE FORMACIÓN DO 28 DE XUNIO 2012

Resumo Comisión de Formación Xoves, 28 de xuño ORDE DO DÍA: 1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior (axúntase) 2.- Preparación formación de setembro 3.- Estado actual de bolseiros e información de bolsas de verá 4.- Rogos e preguntas Asistencia: Pola parte social: Pola Empresa: Fernando Bellas Jimenez (USO) Paulino Novo Folgueira Héctor Araújo Martínez (ARG). María Novoa Rodríguez (CCOO). 1.- 2.- Na segunda quincena de setembro se farán os cursos: - Excel avanzado - Audio HD para enxeñeiros e técnicos electrónicos - Paulino explica que hai grafistas-tituladores nas listas de contratación que descoñecen o funcionamento dos equipos específicos que manexarán na empresa, que sería necesario dar un curso. Este curso faríase antes de empezar a contratación e os traballadores terían que estar asegurados mentres o realizan. Este asunto tratarase nunha paritaria e logo aprobarase o curso na comisión de formación. - A empresa firmou un convenio coa EGAP para a formación de traballadores da compañía. Presentarán una oferta formativa á empresa. 3.- Paulino entrega listado do estado actual de bolseiros. 4.- Paulino está a estudar a proposta do curso de Dereito á Información que presentou CCOO para poder facelo en setembro.