luns, 1 de agosto de 2011

REUNIÓN DO COMITÉ DE EMPRESA TVG. Data: 26 de xullo de 2011

A este pleno do Comité de Empresa asistiron:

Pola CUT; Alberto Vázquez, Carlos de Novoa, Natalia
Menéndez e Raquel Lema.

Polo SXG; Mabel Montes (delegada).

Pola UXT; Raimundo Méndez e Antonio Nieves (delegado).

Por USO; Blanca Badía, Manuel Cereijo e Fernando Bellas
(delegado). Pola CIG; Santiago Alvite, Xabier Turnes e Rebeca
Batallán (delegada).

Por CCOO; Carlos Juanatey, Luis Quintas, Teté P. .Pardo
(delegada) e Quique Rodríguez (delegado).

E estes foron os acordos:

.-Solicitar xuntanza da Comisión Paritaria para o venres
próximo (29 de xullo) co obxecto de tratar estes asuntos:

· Proliferación de ´contrato artístico´ para funcións que
non se corresponden con esa modalidade de contratación
en postos de comentaristas deportivos e nos programas
“A Solaina de verán”, “Vivir aquí” e “Foro Aberto”. Este
asunto debateuse a proposta da CIG.

· Que se adiante o prazo de finais de decembro para definilas
categorías. Este acordo é consecuencia dunha proposta
da CUT sobre as queixas de operadores de vídeo porque
axudantes de realización están a facer funcións de
operadores de vídeo nas cabinas Avid e nos controis de
realización co sistema SUMIT_DYNO2. Adiantar ese
prazo implica –como lembrou CCOO- a elaboración
axiña dunha proposta conxunta da representación das
traballadoras e traballadores para presentarlla á
Dirección. Mentres tanto, o Comité decide difundir unha
nota para recordar que é moi convinte que operadores de
vídeo, axudantes de realización e postprodutores
(extensible ás demáis categorías) asuma cadaquén as súas
tarefas e non efectúe as que corresponden a unha
categoría que non é a súa.

· Que a Dirección informe sobre un programa (ao parecer,
do tipo “Escenas de matrimonio”) que está a producir a
empresa madrileña Adriática Alba para emitir en TVG. O
asunto tratouse a proposta da CIG e tódalas seccións
sindicais coincidimos tamén en reclamar o contrato
establecido para esa produción, para velo.

· Que se constitúa a Comisión de Traslados. Os tres
membros designados pola parte social, de acordo coa
representatividade, son Alberto Vázquez (CUT), Manuel
Cereijo (USO) e Santiago Alvite (CIG) e os suplentes;
Carlos de Novoa, Fernando Santos e Xabier Paredes.

· Que a empresa informe sobre a situación laboral da
traballadora de postproducción Tamara Villanueva.
Proposta da CUT.

· E tamén sobre as designacións de novas delegadas nos
centros de traballo de Vigo e Lugo.

.- A proposta do SXG, aprobouse un escrito de apoio ao
persoal de MeteoGalicia e que recolla expresamente o noso
rexeitamento ao desmantelamento de servizos públicos que
está a efectuar o goberno galego.

.-A próxima reunión do Comité de Empresa quedou
convocada para 30 de agosto.

SECCIÓN SINDICAL DE CCOO-CRTVG 26/07/2011