martes, 3 de agosto de 2010

POLA PRODUCCIÓN PROPIA NON Á EXTERNACILACIÓN










CCOO participou co Comité de Empresa da TVG nunha mobilización para
protestar pola externalización dos programas do verán, especialmente o
de "Galegos no Mundo", un formato histórico da TVG con programas como
"Galicia no Mundo" ou "Galeguidade". Tras exibir unha pancarta na
entrada da TVG e na do Consello de Administración, irrumpeuse na sala de
xuntas do mesmo para transmitirlle aos seus membros as nosa protesta
pola excesiva externalización dos programas, entregandolles
posteriormente un escrito que recollía as nosas reivindicacións.