venres, 28 de maio de 2010

MANIFESTO EN DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS

O plan de axuste presentado polo Goberno cede á presión dos mercados financeiros e asesta un duro golpe a pensionistas, empregados e empregadas públicos, persoas dependente e parados.

É un plan antieconómico que reduce drasticamente a inversión pública, o que contribuirá a prolongar os indicadores da recesión, a desprazar a creación de emprego como obxectivo central da actividade económica e producirá unha contracción do consumo ó afectar a mais de 11 millóns de persoas (2,7 millóns de empregados e empregadas públicos e 8,5 millóns de pensionistas), unha gran parte das que a penas superan os 1000 € mensuais.

Rompen co Acordo Goberno-Sindicatos de 25 de setembro de 2009 e quebran a confianza dos que optamos por dar un paso responsable e recuperar o valor do diálogo social, contribuíndo con elo á recuperación económica. Un acordo subscrito hai a penas sete meses sobre parámetros económicos que non cambiaron no básico e que foron tidos en conta para o mesmo. Nada posterior xustifica o seu incumprimento.

A Negociación Colectiva é un dereito fundamental que está na Constitución Española. Con estas medidas, unha vez mais, o Goberno quebra este dereito constitucional. Pondo en cuestión de xeito grave a validez e a eficacia dos procesos de negociación colectiva no ámbito das empregadas e empregados públicos, tentando enterrar con elo o avance que, nesta materia, supuxo a aprobación do EBEP.
A calidade dos servizos públicos esixe da sociedade e especialmente dos seus responsables políticos o recoñecemento e valoración que lles corresponde pola labor esencial que realizan en áreas tan esenciais como a sanidade, a educación, a seguridade cidadá, a atención á dependencia, etc. Alterar unilateralmente os acordos subscritos e reducir os salarios dos empregados e empregadas públicos é a peor mensaxe que se pode enviar.
Denunciamos que, cuestionando o sector público se abre a porta á externalización e a privatización, supondo de facto unha renuncia expresa ó papel que deben xulgar os servizos públicos e ó conxunto do sector público na recuperación económica e no necesario cambio de modelo productivo.
As medidas do Goberno non son nin equitativas nin equilibradas, intervindo exclusivamente sobre os gastos e os sectores mais débiles e esquecernos de calquera medida sobre os ingresos vía fiscalidade que conseguiría un reparto mais xusto do esforzo solidario para saír da crise.

E todo elo preténdese xustificar cun ataque á dignidade e profesionalidade dos empregados e empregadas públicos. Cun ataque a aquelas persoas que, dende as diferentes administracións e empresas públicas, pese á carencia de medios materiais e humanos, pese a estar mal retribuídos, sacan adiante día a día uns servizos públicos que son fundamentais para a cohesión social e piar fundamental do estado do benestar.

Neste sentido, esta campaña de recollida de sinaturas, formar parte das mobilizacións para combater unha rebaixa inxusta e contraproducente para cos empregados e empregadas públicos e os Servizos Públicos que prestan.

Por unha saída á crise
Por uns Servizos Públicos de Calidade
Por un Estado del Benestar que responda aos ciudadáns.
Pola dignidade das empregadas e empregados públicos
Polo respecto á súa negociación colectiva
Non ó recorte dos salarios dos empregados e empregadas públicos.
Polo respecto e o cumprimento dos acordos existentes

martes, 25 de maio de 2010

NON AO RECORTE DO GASTO PÚBLICO

NON
AO RECORTE DO
GASTO PÚBLICO

20 DE MAIO
CONCENTRACIÓN

MOBILÍZATE!!